En A Cancela empregamos a prensa como instrumento de aprendizaxe

/ Novembro 15, 2018/ Noticias

Na EFA A Cancela temos iniciada unha colaboración con La Voz de Galicia, participando na iniciativa Prensa-Escola. Tratase dunha proposta para facer da prensa diaria un elemento pedagóxico mais no proceso de aprendizaxe que se traballa nos mellores centros educativos.

O recurso ás noticias emprégase en distintas materias (empregámolo en todos os ciclos da EFA) para buscar información recente e útil sobre os temas que estamos a traballar na aula.

Así, os alumnos consultan o diario para atopar e analizar aquelas informacións relevantes na sua área de coñecemento, e descubren a opinion dos expertos, descubrimentos científicos, modas que decantan ó público por unha preferencia…

Todo isto facilita a empregabilidade, a monitorización da realidade e a anticipación.

Estas son algunhas das competencias que necesitarán cando estén á fronte dos seus negocios, no caso dos emprendedores, ou levando adiante un traballo por conta allea.

Todo isto facilita ademais entre os alumnos o espíritu crítico, a anticipación ás modas ou cambios que se producen no sector, o recurso a coñecer a actualidade como herramienta diferenciadora, etc.

E tamén aumenta a motivación na aula, nos recordan os profesores.

Share this Post