BECAS E AXUDAS 2016-2017 para o bacharelato e a formación profesional
De cara o novo curso educativo (2016 -2017) abríronse os prazos de solicitude de becas e axudas para estudar formación profesional e tamén para aqueles que cursarán bacharelato.
O Ministerio de Educación e Cultura abriu xa os prazos de presentación de solicitudes. Tanto para aqueles que presenten a solicitude de beca para bacharelato coma para aqueles que a solicitan para formación profesional, os prazos de presentación correspondese coas seguintes datas.
Becas e axudas a alumnos de niveles post-obligatorios. Non universitarios. Curso 2016 – 2017
- Prazo de presentación: dende o 16/08/2016 ata o 03/10/2016
Para o curso académico 2016-2017 se convocan estas becas para a formación sen un número determinado de persoas beneficiarias, pero o cálculo do importe a distribuír, terase en conta o importe dos recursos asignados para a convocatoria.
Os beneficiarios poderán percibir a beca de dous modos:
- Percibindo directamente o importe.
- Obter o importe mediante a exención do pago dun determinado prezo por un servizo académico.
A condición de beneficiario da beca poderase obter aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de subvencións.
Para máis información podes visitar a páxina da convocatoria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ou ben descargar o PDF coa convocatoria de becas de carácter xeral para alumnos de niveles post-obligatorios no universitarios. Curso 2016 – 2017
Becas e axudas a alumnos con necesidade especifica de apoio educativo. Curso 2016 – 2017
- Prazo de presentación: dende o 08/08/2016 ata o 29/09/2016
Os destinatarios das becas de esta convocatoria serán aqueles alumnos escolarizados en centros educativos españois que acrediten a necesidade especifica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos.
Requisitos:
- Xerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para as distintas situacións e tipos de axuda a conceder.
- Económicos.
A cuantía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.
Para máis información podes descargar os seguintes ficheiros PDF
- Resolución pola que se convocan as axudas Publicación na BDNS: 1/8/2016
- Anuncio da convocatoria – publicado no BOE: 6/8/2016