Actividades para o Ciclo Administrativo na Semana Gastrocultural
Dentro da Semana Gastrocultural, o pasado día 6 de abril tivemos na Efa A Cancela dúas actividades para os alumnos da rama de Administración. Unha conferencia sobre a “A excelencia como hábito na atención ao cliente” e un Obradoiro de Competencias dixitais. Ámbalas dúas actividades realizadas pola Community Manager da nosa escola.
Na primeira actividade abordouse a importancia da boa actitude cara unha boa disposición na atención ao cliente, tomado coma referencia unha das charlas e o libro do famoso coaching, Víctor Kuppers (‘El Efecto Actitud’).
Logo desta breve charla, abordamos algunhas cuestións en torno o marketing dixital e as redes sociais. Como traballan as redes sociais na relación empresa-cliente e déronse algunhas claves para coñecer a xestión das comunidades máis importantes como YouTube, Facebook ou Twitter.