Acercamento á empresa da rama administrativa

/ Novembro 25, 2016/ Noticias

As semanas do 7 ao 18 de novembro o alumnado da rama administrativa estivo en diversas empresas levando a cabo o proxecto empresa-aula, estancia que se repetirá unha vez cada trimestre ó longo do curso.

img-20161124-wa0003

O obxectivo  é unha primeira  toma de contacto co mundo laboral. Ademáis de investigar os comenzos  da empresa, puideron observar o seu funcionamento, organización, desenvolvemento das tarefas administrativas básicas e levar á práctica algunha delas.

As empresas colaboradoras neste proxecto foron:

Concello de Ponteareas, Concello de Salceda, Adegas de Rubiós, Adegas As Laxas, Electricidad Bimca, Seguros Mapfre, Sermiño, Taller de As Neves, Talleres Novo Agro, Seguros Catalana Catalana Occidente, Marpi, Piscina de Ponteareas, Asesoría Viñas & Brea, Segurpino, Balneario de Mondariz,  Granichan, Carlim, AXESPA.

img-20161124-wa0012

Podes ver máis fotos dos nosos alumnos na Galería da nosa Web.

Share this Post