A prensa rexional faise eco do curso de iniciación á xeadería da EFA A Cancela

Tanto o Faro de Vigo, na edición das comarcas, como o programa A Revista da Televisión de Galicia fixeronse onte e hoxe eco da proposta de curso de iniciación á realización de xeados organizado por A Cancela.

O curso foi impartido por Judit Comes, premiada en varias oportunidades polo seu bo facer no equipo español de xeadeiros en diversas probas de todo o mundo.

A iniciativa contou coa presenza dos alumnos interesados en aplicar as técnicas para ofertar un xeado de alta calidade e artesanal, coidando tamén o prezo, e con expertos en produtos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, como o Requeixo e mel das Neves.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *