A formacion profesional, unha aposta segura para o emprego dos mozos

/ Febreiro 17, 2020/ Noticias

De emprego, futuro e aplicabilidade dos estudios foi o conto na recente III Feira dás Ensinanzas Profesionais e Artísticas celebrada en Ponteareas, cita que A Cancela non podía faltar.

A ocasión converteuse en lugar de encontro para quen buscan asesoramiento, recomendaciones ou simplemente a confirmación de que as súas afeccións/vocación/intereses poden facerse realidade elixindo unha formación próxima e cunha clara orientación ao emprego. Que poida adquirirse nun ambiente de confianza, e na proximidade de onde un reside. Que ofreza alternativas como estudar un tempo no estranxeiro, cursar un Erasmus ou formarse cunha beca Galeuropa en calquera recuncho do continente…


Din as crónicas que por todas estas razóns, e polo atractivo evidente do que prepararan os nosos alumnos no stand de Panadería da EFA non cabía un alfiler… ¡boa elección! os nosos ciclos de Administración e Finanzas, Xestión Administrativa e Panadería, Repostería e Confitería reúnen todos eses requisitos… e moitos máis.

Polo chester de A Cancela pasaron deceas de xoves interesados en coñecer mais dos ciclos que ofertamos.

Share this Post