A Asociación de Mulleres Rurais das Neves, organiza un curso de panadería tradicional

/ Novembro 7, 2020/ Noticias

A Asociación de Mulleres Rurais das Neves, organiza un curso de panadería tradicional durante dúas sesións, o 5 e o 12 de Novembro; teórico/práctico.

Neste curso participaron quince mulleres e algún home con inquietude pola panadería e o mundo das masas fermentadas. Foi impartido pola mestra de Panadería da escola, Fátima Estévez en colaboración con Rebeca Molares.

Esta iniciativa que coordina a Presidenta da Asociación Mari Carmen Gil , ten como fin dar continuidade a formación neste caso gastronómica, que cada ano imos realizando na Efa, dentro do compromiso social e de colaboración co medio rural no que nos atopamos, e que deste xeito, manifestou a nosa Presidenta na presentación de do curso e ,sobretodo, tendo en conta, a dificultade que supón facer estas actividades co rigor da normativa Covid, que de ser noutra situación, poderiamos deixar participar a moita xente que tiña interese.

Nesta primeira sesión falamos da importancia dos bos cereais a empregar, do valor tanto nutricional como de calidade que aporta a masa nai no proceso panario…e como non “metemos as mans na masa” para aprender a claves dun bo amasado.

Formamos bolas de pan e aprendemos a facer barras e traballamos o pan de millo que era un dos temas estrela deste curso.

Share this Post