A solidariedade é unha asignatura mais por aprender en A Cancela
Durante os estudos fomentamos que o noso alumnado teña unha acción solidaria e de voluntariado forte. Por iso acudimos estes días a Orense, sé do XX Congreso Nacional de Voluntariado.

Durante a xornada tivemos ocasión de escoitar a ponentes destacados, como Anxo Pérez, coach e conferenciante de éxito; oír as historias de tantos que dan o seu tempo, o seu traballo e os seus recursos para axudar a outros.

Tivemos ocasión de coñecer aos premiados polo seu labor de entrega aos demais, persoas individuais, asociacións… e de escoitar o que opinan do labor voluntario de mozos e maiores o presidente da Xunta, Alberto N. Feijoo, ou a ministra de Sanidade, Maria Luisa Carcedo.

Unha experiencia moi formativa que estamos desexando poñer en práctica para mellorar a nosa contorna.
Con Anxo Pérez 
O Congreso tivo lugar en Ourense

                        