Éxito na primeira xornada da Semana Gastrocultural
Gran éxito na primeira xornada da Semana Gastrocultural da Efa A Cancela.
O día 4 de abril abriuse a III edición da Semana Gastrocultural no Auditorio Vázquez Portomeñe de As Neves.
A inauguración correo a cargo do Alcalde de As Neves, Xosé manual Rodríguez e María Antonia MAteos, directora de A Cancela. De seguido abordouse o tema principal destas xornadas: a dixitalización, como forma de comunicar o bo facer das empresas da nosa contorna.
Logo dunha breve intervención sobre a identidade dixital e o posicionamento das empresas gastroturísticas de man de Eva Llorca, Community manager da escola, participaron nunha mesa redonda os responsables das tres empresas invitadas a esta primeira xornada da Semana Gastrocultural:
- Jesús López, responsable de marketing de Don Disfraz.
- José Veiga Fernández, xerente de Customeeple
- E a responsable do Concept Store Me lo dijo Pérez.
Ó final das ponencias os nosos alumnos expuseron ós ponentes as súas dúbidas de cara ó emprendimiento e a relación das empresas co entorno dixital.