CONVOCATORIA 2017: Comeza o período de inscrición para as probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

/ Febreiro 10, 2017/ Noticias

7658278494_cb249e8094_b

A Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria fixo un comunicado avisando do inicio do período de inscrición para as probas de acceso a convocatorio de 2017 para ciclos formativos de Grao Superior.

O prazo de inscrición para ter dereito a acceder as probas de acceso xa está aberto dende o día 6 de febreiro de 2017 ata o vindeiro 15 de febreiro de 2017 (incluído).

Cómo inscribirse nas probas de acceso

A inscrición pódese facer vía telemática a través dun asístente que te guiará para  cubrir a solicitude.

Pasos a seguir para a inscrición telemática:

  1. Acceder a esta ligazón para a solicitude de inscrición telemática.
  2. Seguir o asistente e completar toda a información que se nos precise.
  3. O sistema xerará unha instancia que terás que imprimir.
  4. Este documento impreso debes levalo a un centro de inscrición, como a EFA A Cancela, acompañado da documentación que se indica no propio documento.
  5. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo.

En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matricula.

Outros datos de interese para os solicitantes

A Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria tamén pon a disposición dos solicitantes os seguintes documentos e información:

Documentos

Información sobre as probas de acceso

No momento que redactamos este aviso, as listaxes de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas no están dispoñibles, pero poderanse consultar a medida que sexan actualizados a través da seguinte ligazón: Xunta de Galicia – Acceso a grao superior – convocatoria 2017.

Consello: Non esperes ao último intre, apresúrate a facer a túa solicitude.

 

Share this Post