Cata de queixos

/ Xaneiro 21, 2017/ Noticias

O venres os alumnos de segundo de Panadería realizaron unha cata de queixos para afianzar os coñecementos da unidade Sobremesas a base de lácteos e recoñecer algúns dos principais queixos do país.

IMG_20170120_135613-2

Catáronse un total de 12 queixos a maioria con DO, dende queixos brandos e suaves Arzúa Ulloa, Burgos, San Simón da costa ata outros moi evolucionado e potentes como un Idizabal ou un Parmesano.

Recoñeceron sabores e matices nos queixos  como recordos a fruta, piña no Parmesano, champiñóns no Brie ou sabores máis complexos e trixeminales no Idiazabal.
Unha boa práctica que non deixou a ninguén indiferente.IMG_20170120_131617-2

Share this Post