Festa de Familias de Nadal 2016 na Efa A Cancela

/ Decembro 23, 2016/ Noticias

O día 21 de decembro celebramos a Festa de Familias de Nadal.
Os alumnos da escola realizaron diversas actividades para celebrar este día. Cada curso dos diferentes Ciclos realizou un Belén e fixeron unha actuación cantando e bailando Panxoliñas.
Comezamos a celebración coa Misa de Nadal ás 18:00. A continuación levouse a cabo a valoración dos Beléns por parte dun xurado formado polo Alcalde de As Neves D. Xosé Rodríguez Méndez, D. José Miguel Rodríguez Bartolomé, vogal da Asociación Efa A Cancela e unha integrante da Asociación de Mulleres Rurais de As Neves.

Continuamos coa interpretación das Panxoliñas dos diferentes cursos e rematamos a celebración coa desgustación de chocolate quente e doces de Nadal feitos polos alumnos de Panadería.

img_20161221_172424

O curso gañador do 1º premio do concurso de Beléns foi 1º de Panadería que realizou o seu Belén con galletas e outros doces.

1o-pan-ganador-belen

Tiveron mención e premio especial pola súa Orixinalidade 1º CS de Administración que utilizou pedras pintadas por eles para o seu Belén, pola súa Estética para 2º Xestión Administrativa que fixo o Belén dos Desexos e pola súa Simpatía 2º CS Administración que utilizou froitas.

belen-dos-desexos-2o-xad detalle-portal-1-cs-admon detalle-portal-2o-cs-admon

O Gañador do Concurso de Panxoliñas foi 1º CS Administración e Finanzas cunha orixinal adaptación mezcla de rap e a versión orixinal en inglés de Deck the Halls con baile incluido.

1o-cs-ganador-villancico
representacion-alumnos-ganadores-1ocs-admon
Mención especial para 1º de Xestión Administrativa que grabaron un vídeoclip facendo unha adaptación con linguaxe de signos. Utilizaremos este vídeo para desexarvos a todos un Bo Nadal e un mellor Aninovo. Podes velo vídeo no noso perfil de Facebook 🙂

Efa A Cancela deséxavos un Bo Nadal a todos!

Queres ver máis imaxes da Festa de Familias de Nadal na Efa? Entra na nosa Galería!

Share this Post