Pautas básicas de primeiros auxilios na Efa A Cancela
O martes 20 de decembro o enfermeiro da Cruz Vermella, Nemesio Boente estivo explicando ó alumnado as pautas básicas de Primeiros Auxilios.
A finalidade é capacitar ó alumnado para desenvolver correctamente a actuación ante unha emerxencia e mellorar os coñecementos e as actuacións básicas, facendo demostracións prácticas de reanimación cardiopulmonar, maniobra de Heimlich…