Visita de D. Indalecio Cuevas á Efa A Cancela

/ Outubro 17, 2016/ Noticias

O pasado martes 11 de outubro estivo con nos D. Indalecio Cuevas, Vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui, Presidente dos empresarios do Polígono Industrial a Granxa e, ata fai uns días  Director Xeral da empresa DARLIM (líder nacional na distribución de productos de limpeza e hixiene) posto  que acaba de pasar a mans do seu fillo Saúl.

darlim

O seu cometido foi falarlle ó noso alumnado da rama administrativa de valores como  optimismo, enerxía positiva, perseveranza, traballo, compromiso, formación, … Todos eles xuntos poden chegar a facer que os seus soños se convirtan en realidade. Nas súas ganas de facer cousas e de emprender está o motor da economía. Entre as súas palabras destacamos: “se melloran as persoas melloran as empresas”

Os seus 30 anos ó fronte da empresa fan que a súa visión da mesma fose cambiando ó longo do tempo, polo que puido explicarlles como afrontar os diversos cambios, sobre todo tecnolóxicos, que se foron sucedendo e os que aínda están por vir.

 

Imaxe: Atlantico.net

Share this Post