Xa falas inglés? Estuda Nivel B e Nivel B2 Cambrigde English

/ Setembro 26, 2016/ Noticias

Podes matricularte xa para aprender inglés Nivel B1 e Nivel B2e de Cambridge English na Efa A Cancela. As clases as impartirá unha profesora nativa!

copia-de-xa-temos-ganador-7

Falar inglés é de cada vez máis necesario no mundo laboral debido a expansión das empresas por todo o mundo grazas a Internet. Para moitas empresas é imprescindible que os seus traballadores dominen este idioma estranxeiro. Un traballador que dispoña dunha Certificación Oficial pola Universidade de Cambridge, disporá dun documento que acreditará o seu dominio do inglés.

Na Efa ofrecemos a preparación para os niveis B1 e B2, sen custo adicional para os alumnos dos Ciclos de Administración.

Os nosos horarios e prezos son:

  • As clases de preparación para o nivel B1 (Preliminary) serán:
  • Xoves
  • De 15:30 a 17:30
  • As clases de preparación para o nivel B2 (First) serán:
  • Mércores
  • De 16:00 a 18:00
  • O prezo mensual do B1 por 2 horas de preparación semanais é:
  • Ex alumnos e socios: 20€
  • Externos ao centro: 25€
  • O prezo mensual do B2 por 2 horas de preparación semanais é:
  • Ex alumnos e socios: 25€
  • Externos ao centro: 30€

Queres máis información! Fai click aquí!

 

Imaxe:

Share this Post