TRAINING 3º trimestre (PROXECTO EMPRESA-AULA)
Os primeiros cursos de Administración (Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Ciclo Medio de Xestión Administrativa) desenvolveron a última parte deste proxecto a mediados do mes de abril. 
O obxectivo agora era traballar a atención á clientela en cada unha das empresas nas que estaban. Colaboraron as seguintes:
- Varela García Ramos, S.L. (Seguros FIATC)
 - Manuel Mera Rancaño (Asesoría Mera)
 - Aserco Ponteareas, C.B.
 - Máximo Ledo Pérez (seguros Salceda)
 - Felayfi, S.L. (Mapfre A Cañiza)
 - Mayoristas Web, S.L.
 - Inmobiliaria MARPI
 - Concello de Ponteareas
 - Excavaciones y Desbroces Núñez, S.L.
 - Marhostel Distribuciones, S.L.
 - Sermiño, S.A.
 - Automoción Condado,S.L.
 - As Neves, Talleres de Reparación, S.L.
 
A valoración que fixo o alumnado desta experiencia se recolle nos seguintes puntos:
- Permite o coñecemento específico dunha actividade no mesmo lugar onde se desenvolve.
 - Fai darse conta da importancia da atención á clientela pois de esta depende o negocio. Así o primeiro será coñecela para dar resposta as súas necesidades.
 - A formación e motivación dos traballadores é vital para cumprir o anterior.
 - Cada empresa ten as súas particularidades. Aínda que poden existir aspectos comúns (por exemplo a actividade), en cada unha se poden facer as cousas de forma diferente.
 

                        