XXIII FEIRA DO REQUEIXO E DO MEL
O pasado venres día 18 de Abril estivemos na XXIII FEIRA DO REQUEIXO E DO MEL.
Esta Festa foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia o 23 de maio de 2013.
Este ano como novidade, seguindo as tendencias en alza no mundo da restauración, ofreceuse un Show Cooking dirixido por unhas das figuras mais importantes da cociña galega, Rafael Centeno, Chef do restaurante Maruja Limón, que conta cunha estrela Michelín.
A alumna de 1º Ciclo de Panadería e Repostería Sonia Fornos fíxolle esta divertida entrevista que acércanos á súa cara mais persoal:
20 preguntas a RAFAEL CENTENO:
– O primeiro que fas ou despertar……tomar un café.
-Que ves cando te miras ou espello……pasar os anos.
-A que sabes……doce.
-Que te inspira…..a paixón.
-Unha froita…..ananás.
-Un postre…..un xeado.
-Un ingrediente…..o aceite.
-Un aroma……o mar.
-Un prato galego que enamore……cocido.
-Un produto da horta…..patatas.
-A data máis dulce……la primavera.
-Unha espiniña…..no ter estudado cociña.
-Unha virtud…paciencia.
-Un lugar para perderse….a costa de Lugo.
-Un libro….”El Principito”.
-Unha canción….Laila.
-Unha película…..unha española.
-Alguen a quen admirar…..meus pais.
-O mundo necesita….cariño
-Antes de acostarse…. lavo os dentes.
O pregón levouno a cabo Xosé A. Turiñán, gran actor e unha das caras mais recoñecidas da TVG.
Un ano mais A Efa organizou uns Obradoiros Infantís chamados”Pequechef-Apredendo co Requeixo” con nenos desde 3 ata 10 anos, no que se elaboraron diferentes receitas utilizando este riquísimo ingrediente que da o nome á nosa festa.
Houbo 3 grupos por idades:
O primeiro grupo, nenos desde os 3 ós 5 anos elaboraron uns rollitos de sandwhich feitos con requeixo e aceituna presentado nun ourizo de melón:
O 2º grupo formado por nenos de entre 6 e 7 anos fixeron crackers de requesón con aceituna negra e pepitas de xirasol e unha mousse de fresa con requeixo decorada con galleta:
E o terceiro grupo de nenos de entre 8 e 10 anos elaborou unhas brochetas de froitas con salsa de requeixo e mel e unhas piruletas de chocolote: