Sesión Formativa: Lactación Materna e Masaxe Infantil

/ Marzo 27, 2025/ Noticias

Hoxe, os alumnos do CM de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) e  os alumnos do CS en Educación Infantil tiveron a oportunidade de participar nunha enriquecedora sesión formativa sobre lactación materna e masaxe infantil, impartida por Yolanda Rodríguez, asesora de lactación.

Durante a sesión, os estudantes aprenderon sobre a importancia da lactación materna, os seus beneficios para o bebé e a nai, así como técnicas de masaxe infantil para favorecer o vínculo afectivo e o benestar dos máis pequenos.

💡 Unha formación crave para futuros profesionais que acompañarán ás familias no coidado da primeira infancia.

Moitas grazas Yolanda por participar outro ano máis con nós!

Share this Post