Formación en Riscos Biolóxicos con María José Camino do ISSGA
Protexe a túa saúde no traballo!
O xoves 27 de marzo , tivemos o pracer de contar con María José Camino, técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) especialista en Hixiene Industrial, quen impartiu unha completa sesión formativa sobre riscos biolóxicos na contorna laboral.
💡 Durante a xornada, abordáronse temas clave como:
✅ Tipos de axentes biolóxicos e os seus efectos na saúde.
✅ Medidas preventivas e uso de EPIs.
✅ Protocolos de actuación #ante exposicións. 👏 Agradecemos a María José Camiño por compartir a súa experiencia e coñecementos, e a todos os asistentes pola súa participación. Xuntos promovemos contornas de traballo máis seguros!