Acto de Clausura do Curso 2021 – 2022

/ Xuño 18, 2022/ Noticias

Onte, venres 17 de xuño, tivo lugar a clausura de curso da EFA A Cancela no Auditorio Vázquez Portomeñe, As Neves, cunha gran afluencia de público.
D. David Regades Fernández, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, D. Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves, Dna. María del Carmen Gil Álvarez, presidenta da Asociación EFA A Cancela e  Dna. Lara Fernández González, directora do centro, compoñían a Mesa.
Destacar tamén a presenza do Ilmo.e Rvdo. D. Luís Quinteiro Fiuza, Bispo da Diocese de Tui-Vigo.
Na súa intervención, D. David Regades destacou o labor do noso centro na promoción rural e na formación integral que ofrecemos ao alumnado.

Recalcou, dirixíndose a eles, que o fracaso é parte do éxito e que a actitude o é todo para desenvolver a súa carreira profesional.
Destacou a importancia do polígono industrial  PLISAN como futuro motor económico da zona con 1 millón de metros cadrados de chan industrial e un 70% da zona xa comprometida, o que sinalou como unha oportunidade de traballo para os nosos alumnos que agora se gradúan.
O de onte foi un acto moi emotivo no que se proxectaron dous vídeos nos que os alumnos eran os protagonistas; recollían todos os momentos vividos nestes dous anos do seu paso por A Cancela: sesións formativas, visitas a empresas, proxectos, estadías nas empresas desde o 1º trimestre do 1º curso, viaxes…
Para finalizar foron os alumnos os que coas súas palabras de despedida fixeron rir e emocionarse a un auditorio ao completo.
Agradecer a presenza de D. Xosé Mª Álvarez de Toledo, Secretario de FUNDESAR, D. Raúl Emilio Castro Rodríguez, ex-alcalde de As Neves, Concelleiros de As Neves, membros do Comité Xestor e empresarios colaboradores.
Agradecer tamén a D. César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación, xa que aínda que por causas de forza maior non puido asistir, era un dos integrantes da Mesa deste acto.
Moita sorte a todos nesta nova etapa das vosas vidas!

Share this Post