Primeira Xornada da VI Edición da Semana Gastrocultural “Unha mirada cada á sustentabilidade Alimentaria”. “Actividades de Dinamización da Lingua Galega”

/ Maio 12, 2021/ Noticias

Durante os tres días que dura esta VI Semana  Gastrocultural pasarán polo Auditorio Municipal de As Neves diferentes relatores  que falarán de proxectos tan diversos como a “Recuperación do oliveiral galego”, compostaxe , economía sostible,  catas de produtos ou charlas como o impartida o día de hoxe polo cociñeiro Javier Olleros con 2 Estrelas Michelin.

Ao longo destes días exporán diferentes iniciativas transformadoras relacionadas co sector  agro-alimentario, todas elas  vinculadas a temas de innovación gastronómica, saúde, educación e coidado do medio ambiente, buscando sempre potenciar o rural co fin de conseguir unha contorna sustentable e con accións que impacten de maneira positiva na contorna.

Esta xornada foi inaugurada por Dona Ana Laura Iglesias, como Deputada de turismo da Deputación de Pontevedra que xunto con Don Xosé Rodríguez, Alcalde das Neves, e Dona María del Carmen Gil Presidenta da Asociación EFA A Cancela e Dona Lara  Fernández, Directora do Centro deron por inauguradas estas xornadas.

Mesa “ Unha mirada cara  á  Sustentabilidade alimentaria”

Esta mesa moderada por Alberto Traversa da revista “La Alacena Roja” contou coa participación de Carlos Pérez , Asesor de Residuos da Deputación de Pontevedra onde presentou o programa  Revitaliza, un proxecto de sustentabilidade circular levado a cabo cos  bioresiduos domésticos xerados en moitos domicilios e industrias de toda a provincia de Pontevedra. Na actualidade, están involucrados uns 46  concellos  da provincia.

Estés residuos son depositados nuns puntos ou centros de compostaxe instalados na maior parte dos  concellos e que son controlados por mestres composteiros que seguen todo o proceso para garantir unhas condicións sanitarias segundo a lexislación vixente e un resultado  óptimo.

Alejandra  González como enxeñeira  agrícola do  Concello de As Neves presentou un proxecto de educación transversal que ten como fin educar e formar ás persoas interesadas no coidado do medio ambiente.

No ano 2017 os incendios forestais  devastaron este municipio e este programa xunto con outros que se están levando a cabo, pretende recuperar parte do perdido e concienciar á sociedade o importante que é o monte e todo o mundo rural que os rodea.

Moi interesante o uso de plantas silvestres na gastronomía e os talleres que imparte ao longo do ano a veciños do concello de todas as idades co fin de mostrarlles todas as posibilidades que ofrece a natureza.

Alejandra coordina ademais varios hortas repartidos por varios centros escolares do municipio, coa intención de educar e concienciar aos máis novos, de todas as posibilidades e vantaxes que podemos obter grazas ao aproveitamento de terras e residuos.

Antonio Méndez como director do Hotel Nande e da adega Señorío de Rubios, defendeu a súa aposta polo enoturismo no rural e proxectos como o seu , un proxecto moi interesante con este aloxamento integrado na paisaxe. Ten ademais unha horta que fornece ao seu restaurante de todo o necesario e onde se está traballando para obter o selo de agricultura ecolóxica, que será sen dúbida todo un plus para o seu restaurante.

Desde Aceites Abril o seu responsable do Departamento  Agro, Rubén  Gutierrez expuxo o seu proxecto de recuperación do oliveiral galego, coa filosofía de ofrecer produtos de alimentación de calidade a prezos competitivos en consoancia cos principios de sustentabilidade ambiental.

Explicou aos asistentes a historia do oliveirais en Galicia e a actualidade do sector que está a traballar duramente para conseguir obter o selo de  IXP Aceite  Galego.

12.00

Javier Olleros do Restaurante  Culler de  Pau do Grove con 2 Estrelas  Michelin e único restaurante con ese recoñecemento en Galicia, cautivou a todo o público coa súa maxia e a súa filosofía de vida, así como a súa forma de traballar que non deixa indiferente a ninguén.

Xunto a el,  estaba Alberto Baamonde,  director de cinema e foi quen dirixiu o documental “ O equilibrio dos opostos” que se adentra na vida de Javier Olleros así como outros documentais relacionados coa gastronomía e cociñeiros galegos como a película “ Cociñando non fin  do mundo”.

Ambos contaron anécdotas do seu traballo en conxunto e de todos estes anos que levan colaborando en diferentes proxectos relacionados co audiovisual.

Javier mostrouse  super cómodo co público e contou varios episodios da súa vida relacionados co seu traballo, familia e  filosofía de vida que o auditorio aplaudiu en varias ocasións e ao que mesmo conseguiu emocionar nun par de momentos da charla.

14,00 Cata Aceites Abril

16.00 Cata con  Mel de Galicia

Interesante cata de  Mel de Galicia dirixida por Beatriz Ríos que é coordinadora da  IXP  Mel de Galicia, onde explicou aos asistentes todo o proceso de cata de mel e os diferentes tipos de mel que se producen en Galicia.

A importancia que teñen os selos de calidade e a importancia que ten buscar o selo da  IXP  Mel de Galicia á hora de comprar o produto, xa que se nos garante unha  trazabilidade e calidade de produto cunhas condicións  óptimas para o seu consumo.

Oportunidade tamén para catar un produto de As Neves como é o  requeixo, con Alejandro Martínez que é o xerente da Cooperativa  Requeixo e  Mel da As Neves.

A cata serviu para apreciar as calidades  organolépticas do requeixo e a estupenda oportunidade para poder coñecer de preto como se realiza a produción do mesmo.

Catas de requeixo e requeixo con mel para apreciar no padal as diferenzas e diferentes formas de presentación deste produto que se elabora moi preto de aquí e que é moi demandado por restaurantes e particulares de Galicia e doutras rexións españolas.

 

Share this Post