1º e 2º premio no “Concurso Cociña con Castaña de Galicia”

/ Xullo 6, 2018/ Noticias

Este ano levamos tódolos premios para As Neves!!
Silvia 1° premio e Ángel 2° posto na Categoría de Estudantes de Hostelería no Concurso Cociña con Castaña de Galicia!! Ambos son alumnos de 1º de Panadería, Repostería e Confitería de A Cancela.

O primeiro premio para a receita estudante de hostalería foi 1 pack de experiencias + 1 chaquetilla de cociñeiro + 1 lote de produtos.

Os Finalistas recibiron 1 chaquetilla de cociñeiro + 1 lote de produtos.

O concurso está dirixido a afeccionados á cociña, estudantes de hostalería e bloggers gastronómicos residentes en España.

As receitas tiñan que ser orixinais e de elaboración propia, sendo a CASTAÑA DE GALICIA e o seu sabor o ingrediente principal do prato que se vai a elaborar.

As categorías eran: • Receitas salgadas • Receitas doces • Estudantes de hostalería.

Ésta foi sen dúbida, unha aprendizaxe máis para os nosos alumnos e unha experiencia incrible na que volven comprobar que o esforzo sempre ten a súa recompensa!
Orgullosos dos nosos alumnos!!

Con este premio pechamos un curso cheo de éxitos e premios: 1° premio en Xantar, 1° premio Concurso Talentos Frinsa en Madrid , 1° e 2° premio Receitas con Requeixo en As Neves… e hoxe, 1 ° e 2° premio en Castaña de Galicia, A Coruña!!
Para o ano máis e mellor!!
Únete á familia de A Cancela!
Chama ao 986.64.82.50 e reserva xa a túa praza!!

Share this Post