10 alumnos alemáns de Panadería escollen A Cancela como base para a súa estancia Erasmus + en Galicia

/ Maio 1, 2019/ Noticias

Hai tan só uns días que este grupo de dez aprendices alemáns do sector da panadería e pastelería proveniente das rexións de Düsseldorf (Renania do Norte Westfalia) e Augsburgo (Bavaria) aprendían nas súas casas ónde quedaban Galicia,Vigo e As Neves, cales eran as características do pan galego, e da nosa bollería, e qué podían aprender na súa estancia en prácticas dentro do Programa europeo Erasmus+.

O seu obxectivo era vir o mellor preparados posibles para vivir a experiencia, organizada e impartida pola antiga alumna da EFA A Cancela, e alemá Ina Blisse (VidaBliss Mobility).

Ina, responsable de coordinar e organizar as estancias de prácticas para aprendices alemáns na zona metropolitana de Vigo, fíxolles en Alemania hai uns días unha primeira aproximación; participou nunha reunión de “Mobility Coaches” en Berlin, organizado por Berufsbildung ohne Grenzen,  presentando ante a audiencia o seu proxecto: #GaliciaItsDifferent.

Agora, xa sobre o terreo, os dez mozos e mozas alemáns decatáronse xa de porqué Galicia is different.

E que, xusto  á chegada lles ofreceron un Meet & Greet  (o que ven sendo unha benvida calurosa e agarimosa, en galego) cos alumnos de A Cancela e a propia Inna.


Durante as tres semás que duren as prácticas, os nosos alumnos serán os seus anfitrions, e empezaron xa a compartir vivenzas, diferencias e similitudes culturais, xeitos de decir, modos de conversar empregando idiomas, comuniación no verbal, e moitos sorrisos…  un pouco o mesmo que están a vivir as tres alumnas de As Neves que están a vivir a misma experiencia na Borgoña francesa, aprendendo e experimentando tamén o que é a profesión e as peculiaridades do pan noutros lugares do mund0.

Share this Post