VISITA Ó CDL DE PONTEAREAS

O martes 3 de febreiro de 2015, os alumnos dos segundos cursos do ciclo superior de Administración e Finanzas e do ciclo medio de Xestión Administrativa tiveron unha vista ó Centro de Desarrollo Local de Ponteareas (CDL). Recibiunos o seu director e a conselleira de emprego do concello .

CDL-PONTEAREAS

Os obxectivos principais do Centro de Desarrollo Local de Ponteareas son os seguintes:

  • Planificar e xestionar aqueles recursos que favorezcan o desarrollo do municipio, logrando así uns maiores niveis de crecemento e  benestar dos seus veciños.
  • Favorecer o desarrollo equilibrado  do  territorio. Para isto, dende o CDL traballan en colaboración coas  distintas administracións públicas (Unión Europea, Estado, Xunta de Galicia e Deputación Provincial), ademáis  con institucións, entidades e asociación  empresariais, comerciais, sindicais e veciñais.
    Dende o CDL  ofrecense diferentes actuacións e programas específicos que se concretan en:
  • Formación de desempregados, mellorando a cualificación profesional dos colectivos con maiores dificultades de acceso ó mercado de traballo, favorecendo a súa  inserción laboral.
  • Orientación profesional, facilitando a información sobre as posibilidades de mellorar a formación dos  desempregados, os itinerarios personalizados de inserción e fomentando a búsqueda activa de emprego.
  • Empleo: Bolsa de traballo, programas de cooperación, plans integrais de emprego, talleres de emprego, etc…
  • Apoio ós emprendedores e  a autónomos, asesorándolles sobre os trámites necesarios para a posta en marcha da  idea de empresa, así como das  subvencións específicas.
  • Apoio ó comercio e a industria local, impulsando o proceso de modernización e ordenación do comercio local, así como das iniciativas empresariais.

Os alumnos estiveron moi atentos e participativos facendolles moitas preguntas, o director recalcoulles o importante que é estar formado para buscar emprego. Ó rematar enseñaronos as instalacións.

Imaxe: ponteareasvirtual

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *