Motivación

/ Setembro 27, 2017/ Noticias

Motivación é esa forza que nos estimula a enfrontarnos ás tarefas. Estamos a comezar o curso, e a motivación é importante.
Quizá a motivación para un alumno que inicia unha Formación Profesional específica, sexa máis alta que para un alumno da ESO ou de Bacharel, pero en calquera caso, hai que saber motivar ao alumno e iso é tarefa do profesor.

Poñer ao alumno obxectivos a curto medio ou longo prazo, pode ser motivante se o alumno cre que é posible alcanzalos.

Tamén pode ser motivador a fundamentación do módulo, porqué e para que estudar este módulo ou estoutro, para que serven estes coñecementos.

Lógrase facendo moitas tarefas de tipo práctico, que aprendan a aplicar os coñecementos teóricos adquiridos.

Desde logo, a motivación a medio- longo prazo, seguramente será ter un posto de traballo, pero esa motivación non debese ser suficiente, aínda que si necesaria.

A motivación, máis importante, ao meu xuízo, é a de aprender con excelencia para desenvolver unha tarefa profesional ben feita, e poñela ao servizo dos demais e así contribuír a promover unha sociedade con valores.

 


Mª Antonia Mateos

Directora da Escola

 

Share this Post