Efa A Cancela coa SM a Raiña Letizia no proxecto ‘Dixitalizadas’ en Santiago

/ Marzo 5, 2018/ Noticias

Hoxe a nosa escola asistiu á inuguración do proxecto “Dixitalizadas“, unha iniciativa da Fundación Mulleres, a Fundación Cibervoluntarios e Google. org, en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O proxecto ten o obxectivo de proporcionar capacitación en alfabetización dixital, mellorar a empleabilidade e facilitar o emprendemento das mulleres que viven en áreas rurais.
O acto, estivo presidido pola SM a Raíña xunto ás entidades que desenvolven o programa (Google. org, Fundación Cibervoluntarios e Fundación Mulleres), e contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a ministra de Sanidade, Dolors Montserrat.
Así mesmo, participou a directora e vicepresidenta da Fundación Mulleres, Marisa Soleto; e a presidenta da Fundación Cibervoluntarios, Yolanda Rueda.
A súa Maxestade a Raíña que viaxou a Santiago de Compostela acompañada pola ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Moserrat, estivo acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, Santiago Villanueva; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; o director de Políticas e Asuntos Públicos de Google España e Portugal, Francisco Ruiz; a directora da Fundación Mulleres, Marisa Soleto; e a presidenta da Fundación Cibervoluntarios, Yolanda Rueda, entre outras personalidades e un centenar de mulleres da contorna rural.

En breve poremos en marcha este proxecto no noso centro. Estade atentos por se vos interesa anotarvos!

Alumnas coa SM a Raiña Letizia

Coa ministra de Sanidade, Dolors Montserrat

Alumnas e profesoras co Director de Google.org

Share this Post