Xa temos data -19 e 19 de febreiro de 2019-, cartel (o que véis xunto a estas liñas, que ten como centro o noso produto estrela, o pan) e programa: completo, innovador, aglutinador, formativo. Onte á noite engadiamos o último nome á lista de grandes profesionais que acudirán ás Neves: o catalán Xavi Barriga, toda unha referencia á fronte de @Turris, que porá o punto final á actividade nesta edición. O seu nome únese aos de Daniel Pampín e Timo Funk, Ina Blisse, Leonor Lorenzo Abalo, e tantos e tantas mestres panadeiros aos que debemos a recobrada dignidade da profesión para a que traballamos formando na EFA A Cancela hai tantos anos. Nas xornadas está previsto o desenvolvemento de talleres, mesas redondas, faladoiros… E a concurrencia de artesanos, profesores de universidade, físicos, biólogos, investigadores e innovadores. E por suposto, alumnos e profesionais que acudan a escoitar, participar e aprender. Apuntáos xa, sen esperar máis, contactando na escola:

EDICIÓNS ANTERIORES