Hoxe os alumnos de 2°CM de Xestión Administrativa no módulo de Comunicación, conectaron co “Foro da Comunicación de Galicia” celebrado en Expourense.

Asistimos a interesantes ponencias en directo: “Como elaborar un plan de marketing na era COVID” con Xosé Luis Reza, presidente de Markea e do Clúster de Comunicación de Galicia e “Comunicación Corporativa: da crise do CoVid á nova realidade” a cargo de Laura Vázquez, directora de Marketing e Comunicación Dixital en Torres e Carrera.

A Infodemia, exceso de información pola pandemia, unha nova realidade para todos.