O futuro do planeta pasa pola boa xestión do lixo: aprendamos todo sobre a compostaxe
Na Efa A Cancela sabemos que da xestión do lixo que xeramos nas casas, nas industrias, nas leiras, depende en gran medida o noso futuro. Que a compostaxe é unha ferramenta fiable e asequible na loita -individual tamén- contra o cambio climático, e que particularmente nos xogamos moito neste tema.
Por iso, vimos de convocar un curso -a cargo de Carlos Pintos, Técnico de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos na Deputación Pontevedra- aberto a todos os interesados en poñer todo do seu ao servizo do medioambiente.
O curso terá lugar na sede de A Cancela (Tortoreos s/n) o próximo xoves 24 de xaneiro ás 11 da mañá. ¡Estaremos agardando por vos!