COACHING
A formación na EFA é integral e efectiva, tanto a nivel persoal como profesional: preparamos ao alumno para o mundo laboral.
Axudamos aos alumnos mediante as titorías, de grupo e persoais, a obter mellores resultados na profesión, empresa ou negocios, e tamén axudámoslles no eido persoal, social e das relacións humanas. Mediante o proceso de coaching o alumno afonda no seu coñecemento, aumenta o seu rendemento e mellora a súa calidade de vida. Procuramos prepararlles tamén nas competencias e habilidades profesionais e sociais, aplicando diferentes metodoloxías.
Algúns dos temas abordados nas sesións de formación personalizada son:
Ética profesional e formación en valores
- Puntualidade.
 - Relación cos demais.
 - Iniciativa.
 - Proactividade.
 - Comunicación pública.
 - Imaxe persoal e traballo (vestimenta, hixiene).
 - Uso do teléfono móbil no traballo.
 - Motivación e automotivación.
 - Colaboración e participación á hora de resolver conflitos (traballo en equipo)
 - Confidencialidade.
 - Atención ao público.
 - Evitar e resolver conflitos. A negociación.
 - Compromiso coa empresa.
 
Coa axuda dos titores conseguirás respostas ás túas preguntas, ou farasche algunhas novas:
- Onde queres enfocar a túa carreira profesional?
 - Tés algún reto que non sabes cómo afrontar?
 - Sénteste incomprendido ou desmotivado?
 - Queres desenvolver algunha habilidade en non sabes cómo?
 - Tés malos hábitos que che están a impedir sacarlle partido a todo o teu potencial?
 - Sénteste incomodo falando en público, en clase ou en círculos amplos de amigos?
 - Tés medo de que algo saia mal?
 - Pasas da alegría á tristura ou do amor ao odio ou a rabia sen poder controlarte?
 - Sabes en qué es moi bo e en qué tes que mellorar?
 - Tés problemas na casa, nos estudos, cos teus amigos o coa túa parella?
 
Responsabilízate do que queres e das túas accións e comeza a traballar para descubrir ata onde podes chegar.
