V Semana Gastrocultural #falemosdepan na EFA A Cancela

/ Xaneiro 18, 2019/ Noticias

Xa temos data -18 e 19 de febreiro de 2019-,

cartel (o que véis xunto a estas liñas, que ten como centro o noso produto estrela, o pan)

e programa: completo, innovador, aglutinador, formativo.

Onte á noite engadiamos o último nome á lista de grandes profesionais da panadería que acudirán ás Neves: o catalán Xavi Barriga, toda unha referencia á fronte de @Turris, que porá o punto final á actividade nesta edición.
O seu nome únese aos de Daniel Pampín e Timo Funk, Ina Blisse, Leonor Lorenzo Abalo, e tantos e tantas mestres panadeiros aos que debemos a recobrada dignidade da profesión para a que traballamos formando na EFA A Cancela hai tantos anos: a de artesán panadeiro.
Nas xornadas está previsto o desenvolvemento de talleres, mesas redondas, faladoiros…
E a concurrencia de artesanos, profesores de universidade, físicos, biólogos, investigadores e innovadores. E por suposto, alumnos e profesionais que acudan a escoitar, participar e aprender.

Apuntáos xa, sen esperar máis, contactando na escola:

Share this Post