Unha oportunidade de futuro

/ Marzo 29, 2018/ Noticias

As ideas están aí, só falta poñelas en marcha e pelexar por elas. A IV Semana Gastrocultural de A Cancela puxo de manifesto, unha vez máis, que o emprendemento é necesario e é o futuro para moitos titulados que finalizan agora os seus estudos regrados. Galicia ofrece múltiples oportunidades no ámbito da alimentación e o agroturismo, pois os nosos produtos gozan dun bo posicionamento na mente do consumidor nacional. As novas tecnoloxías permítennos achegar a produción ao cliente poñendo en valor o produto, tal e como nos explicaba o emprendedor Daniel Sánchez da empresa Feedcoo.

Juan José Romero e Roberto Pérez de Suma Importancia destacaron a necesidade de “estar onde o cliente está”, por iso é polo que a páxina web deba ser atractiva e permitir ao usuario buscar de forma rápida e sinxela. Ademais, o traballo cooperativo e as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías permiten minimizar o número de intermediarios. O primeiro para emprender é ter unha boa actitude, apoiado nunha idea que incorpore elementos diferenciadores do que xa existe e finalmente ter un certo coñecemento para poñela en marcha.

O facer probas previas de produto cos potenciais clientes, comprobando o seu grao de aceptación, permite adaptalo ás necesidades reais e acertar mellor.

A participación activa do alumnado nestas actividades reforza a aprendizaxe, a autoestima e a motivación fronte ao futuro, tal e como eles mesmos destacaron.

Share this Post