Showcooking na Festa dos Espumosos

/ Novembro 14, 2017/ Noticias

O Concello de Salvaterra de Miño orgaiza a 4ª Festa do Viño espumoso o vindeiro sábado 2 e domingo 3 de decembro, no Castelo da Raiña Dona Urraca. E a Efa A Cancela ofrecerá un showcooking moi especial para tódolos asistentes.

Durante a Festa o público poderá degustar espumosos acompañados e ostras, empanada, mexillóns, tapas, embutidos, filloas, bombóns, turrón e chocolate.

A festa dará comezo o sábado 2, ás 12 h., coa apertura dos stands. Ese memo día, ás 18 h., celebrarase un Showcooking a cargo dos alumnos do C.M. Panadería, Repostería e Confitería.

Podedes ver o programa completo neste cartel:

programa-espumosos

Share this Post