Obradoiro de pan galego para dous panadeiros alemáns

/ Outubro 4, 2017/ Noticias

No taller práctico que impartiu na Efa, a nosa antiga alumna, Ina Blisse puxo a proba aos panadeiros alemáns mandándolles facer dúas receitas galegas: unha larpeira e un molete de Santiago.

Durante a súa estancia en Galicia, os panadeiros alemáns visitaron cinco panaderías galegas: A Madrileña, O Muíño, Supan, Sémola e Argibay. Tamén foron recibidos pola Asociación Provincial de Panadería e Pastelería e a Cámara de Comercio. “Fóronse moi emocionados polo trato recibido e por todo o que viron e aprenderon, así que o próximo ano seguro que chegarán máis panadeiros alemáns interesados en formarse aquí”, sinala Ina Blisse.

Este proxecto servirá ademais para combater a mala fama que ten o pan español en Alemaña. “Os alemáns que veñen de vacacións a zonas do Mediterráneo regresan ao seu país coa idea de que o pan español é malísimo”, explica Ina.

DSC_0398 DSC_0415 DSC_0474 DSC_0499 DSC_0511 DSC_0516

Share this Post