MARCA CALIDADE DA ROSQUILLA DE PONTEAREAS

/ Maio 14, 2015/ Noticias

O día 13 de abril de 2015 os alumnos do 1ª curso de pastelería, panadería e confitería, asistimos á charla coloquio: Marca de calidade da rosquilla de Ponteareas, impartida por Marisol Valado, Concelleira de Asuntos Sociais de Ponteareas. Nela contounos cales foron as fases polas que tiveron de pasar para consegui-la marca de calidade.

semana gastrocultural luns 003

O fin deste proxecto é poder protexer e garantir a calidade dun dos produtos reposteiros de referencia en Ponteareas, o xeito de face-las rosquillas dende fai tantos anos, o uso de materias primas nobres, a súa artesanía e a súa orixe. Os beneficios que lle aporta esta marca é garantir ó consumidor, as ganancias e uns postos de traballo, xa que xeran 25 empregos directos e mais de 100 indirectos.

Este estudio durou dous anos e é preciso renova-la marca cada 10 anos.IMG-20150423-WA0018

O motivo pelo que non venden fora é a causa do seu envase, xa que combinalo suporía a alteración do produto, o aplastamento das mesmas e un custo moito mais elevado, e non poderían utilizar ningún conservante xa que modificarían todo o produto. Outra causa da expansión de mercado sería a ampliación do obradoiro, e a procura de sistemas de transporte para asegura-la súa duración, xa que o período de caducidade das rosquillas de festa é de un mes e medio, e das de masa follada de dous meses.

semana gastrocultural luns 006

Para poder conseguir unha marca de calidade, teríamos que seguir as 10 fases seguintes:

  1. Toma de contacto cos produtos.
  2. Recollida de información.
  3. Estudo de mercado lexislativo aplicable.
  4. Elaborar documentos.
  5. Aprobación de documentos.
  6. Publicación de documentos.
  7. Solicitude de Rexistro de marcas.
  8. Aplicabilidade do regulamento.
  9. Uso comercial da marca
  10. Seguimento da marca.

Como anécdota, queremos sinalar que a Marca de Garantía “Rosquillas de Ponteareas” conta cun logo identificativo que foi seleccionado entre tódolos traballos prácticos feitos polos alumnos dos cursos de Accións Formativas para Desempregados (AFD), na especialidade de técnico en deseño gráfico, impartido no centro de desenvolvemento local de Ponteareas.

 

 

 

Noelia, Judit, Cristina, Ainhoa e Daniel

Share this Post