A labor das EFAS, premio Magisterio 2018 ós protagonistas da educación

/ Decembro 9, 2018/ Noticias

Os Premios Magisterio aos Protagonistas da Educación recoñecen cada ano a organizacións, profesionais e empresas que a través do seu traballo contribúen ao desenvolvemento educativo no mundo.
Os premios, instituidos pola empresa editora da revista para docentes Magisterio, recoñecen nunha mención especial a tarefa en prol da formación profesional que desenvolven as Escolas Familiares Agrarias, das que hai máis dunha veintena en toda España.

Na entrega de premios xustificaban así a súa elección do modelo educativo que defende A Cancela:

Mención de Centro Educativo de este año a la Formación Profesional, e ¿que mellor exemplo da aposta pola FP dual que as Escolas de Formación Agraria, unha Federación de asociacións dedicadas á promoción do medio rural?. En España comezaron fai 38 anos. O seu sistema propio de traballo fundamentado en tres eixes: Alternancia educativa; participación das familias e dos responsables sociais de o medio; proxecto socio-profesional persoal.

Foto de familia de profesionais das EFAs nun recente encontro.

Un recoñecemento que nos enche de orgullo e dános impulso para seguir traballando cada día en favor da sociedade rural e en particular das súas mulleres, por medio da súapreparación profesional e humana.

Share this Post