Inauguración exposición Camiños: con pan e viño ándase o Camiño

/ Marzo 24, 2018/ Noticias

Hoxe venres día 23 de marzo inauguramos a exposición “Camiños: con pan e viño ándase o camiño”. organizada por Celestino Lores, presidente de la Asociación de Amigos del Camino Portugués.

Á inauguración asistiron D. Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, D. J. Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures, D.  Ignacio Landín, presidente da Cofradía Virxe da Peregrina, dna. Pilar Comesaña, conselleira de Pontevedra, os pintores dna. Luz Lafuente e D. Álex Vázquez, e D. Antonio e DNA.Natalia da bodega señorío de Rubiós.
Tamén asistiron D. Enrique Rodríguez, presidente da Federación Efas de Galicia, Dna.Mª Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A CANCELA e dna.Lara Fernández, directora da EFA A CANCELA.

Na mostra reflíctese a cultura panadeira e vitivinícola vinculada ás localidades polas que discorre a variante portuguesa do camiño de Santiago.

Pódese observar pans e diversa bolería de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Paredes de Coura, na parte portuguesa, e do Porriño, de Pontevedra, de Caldas de Reis ou de Ribadumia na parte galega. En canto aos viños, son os verdes e albariños das grandes adegas os que se atopan nesta ruta xacobea. Amais inclúe unha mostra pictórica e fotográfica coa temática do pan e do viño.

Moitos dos pans foron elaborados polos alumnos do CiClo de Panadería e Repostería de a nosa escola e o viño do catering foi servido pola adega Señorío de Rubiós de As Neves.
Esta mostra permite poñer en valor o territorio porque o Camiño é un instrumento fundamental para unirnos aínda máis. Compartimos lingua, cultura e unha historia na que fomos capaces de derrubar pontes e fronteiras para ver que traballando xuntos recuperamos o mellor do noso pasado para mirar o futuro. O Camiño, dixo Silva, pon en valor o orgullo do que somos e temos que sentarnos para realizar máis accións de cara a un turismo de calidade, desestacionalizado que nos coñeza aínda mellor.

A exposición poderase visitar durante a Semana Santa, de Xoves Santo a Domingo de 11:30-13:30 e 16:30 a 19:00.
Durante todo o mes de abril o horario de visita será de 10:00-14:00 (Luns a venres), de 15:30-17:30 (luns a xoves) e de 16:30 a 19:00 (Sábados e domingos)
Share this Post