I Concurso de Receitas con requeixo de As Neves

/ Marzo 26, 2018/ Noticias

O próximo martes día 27 de marzo e dentro do marco da Feira do requeixo e Mel a nosa escola acollerá o I Concurso de Receitas con requeixo de As Neves.

O “I Concurso de Receitas con Requeixo das Neves” ten como obxecto a difusión do Requeixo e do Concello das Neves, mediante a presentación e elaboración de receitas nas que este produto teña esencial protagonismo.

A elaboración das receitas finalistas levarase a cabo o martes na EFA A CANCELA. A nosa Escola será a sede do concurso e ao mesmo tempo os nosos alumnos participarán nel.

A entrega de premios realizarase o venres 30 de marzo durante o acto público de lectura do pregón da XXVII Feira do requeixo e Mel das Neves.

Haberá premios en metálico así como estancias no Hotel da natureza Nande de As Neves ou 1 fin de semana de prácticas nun restaurante gastronómico de Galicia.

Share this Post