Feira das ensinanzas profesionais e artísticas

/ Febreiro 5, 2018/ Noticias

Entre os días 4 e 6 de febreiro, o pavillón municipal de deportes «Álvaro Pino» de Ponteareas acollerá a «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» que busca que o alumnado que cursa ESO en Ponteareas, poida coñecer as distintas opcións que se lle ofrecen tanto de cara a elixir cursar bacharelato ou formación profesional.

A Cancela está presente como Centro de Formación Profesional para explicarlle ós alumnos de 4º da ESO os estudos que poden cursar no noso centro así como o que nos diferencia doutras escolas.

Os centros que teñen xa confirmada a súa presenza cun stand na «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» de Ponteareas están a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, o Conservatorio de Música de Vigo, a Escola de Música Mayeusis, o Colexio Marcote, a Escola de Moda Goymar de Vigo, Sanitec Vigo, Escola Oficial de Idiomas de Vigo, Escola Técnica de Xoiería de Vigo, o centro de FP de Salvaterra de Miño, Centro de Formación Profesional «A Cancela» das Neves, Centro de Formación Profesional «Pedra da Auga» de Ponteareas, Centro de Formación Profesional «As Neves» e CIFP «Manuel Antonio» de Vigo.

Unha moi interesante iniciativa que permitirá, tanto aos alumnos e alumnas como ás súas familias, coñecer opcións profesionais, todas elas cunha alta demanda nun mercado laboral cada día máis especializado.

Este foi o agasallo do noso centro os asistentes:

Share this Post