Curso de sostenibilidade e futuro: falamos de compostaxe

/ Xaneiro 31, 2019/ Noticias

Anunciávamos hai uns días un interesante curso de compostaxe organizado na EFA e realizado en colaboración coa Diputación de Pontevedra e o Concello de As Neves, aberto a todo o público interesado, e a cargo dun experto no tema, Carlos Pérez.
Hoxe traémosvos algunhas fotos do evento, que atraeu, como véis, a muchísimo publico interesado en dar unha nova vida ao lixo, e traballar pola sostenibilidad do sistema actual de vida e especialmente da vida no rural.

Trátase dun tema importante, no que non cabe perder tempo nin mirar cara a outro lado, e no que xa conseguimos implicar a moitos na comarca de Condado-Paradanta. Nos, na EFA, xa temos un composteiro doméstico para o noso uso propio. E tí?

Share this Post