Convivencia con alumnos

/ Abril 25, 2018/ Noticias

Os alumnos de 1º Administración intercambiaron experiencias cos estudiantes alemanes que tivemos na Escola.
Un por un foron explicando en inglés e en alemán as súas experiencias e por que elixiron Galicia para facer o seu Erasmus, e concretamente a nosa escola e as empresas da nosa zona.

A maioría eran xóvenes de entre 18-20 anos e viñeron a Galicia interesados nas técnicas panadeiras e gastronómicas en xeral.

Os nosos alumnos usaron o inglés para explicarlle os costumes en España e concretamente en Galicia. Incluso os invitaron para acompañarlles e ensinarlle a nosa zona e a comarca en xeral.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, viron unha vez máis a importancia de saber idiomas e que co inglés podes comunicarte con xente de calquera nacionalidade.

Así mesmo, comprobaron de preto as vantaxes de irse de Erasmus a coñecer outras culturas,outros métodos de traballo e outros idiomas, algo que lle servirá de moito no seu futuro.

Share this Post