Ciclo Medio de Xestión Administrativa: que podo aprender?

/ Setembro 20, 2017/ Noticias

Recepción, contas, facturas, envíos, cobros e pagos, bases de datos, cartas, altas e baixas, documentación, arquivos, seguros,… O estudo desta titulación dá así unha saída profesional concreta e especializada a persoas tituladas nas áreas das ciencias sociais, económicas e xurídicas.

pexels-photo-210661O interese do Ciclo en Xestión Administrativa radica no seu carácter profesionalizador. É dicir, as persoas tituladas no Ciclo en Xestión Administrativa na Efa A Cancela estarán habilitadas para exercer da concreta profesión de xestor administrativo. Desta forma, se pretende dar resposta á crecente necesidade social de dispoñer de profesionais cualificados para a correcta xestión e realización dos complexos trámites administrativos que na actualidade deben realizar empresas e cidadáns ante as Administracións Públicas.

O crecente incremento de normativa aplicable, trámites burocráticos e instancias que deben superarse para poder realizar actividades que afectan á vida cotiá de persoas físicas e xurídicas esixe ter profesionais especializados nos mesmos.

Como se accede?

O Ciclo Formativo de Grao Medio de Xestión Administrativa pertence á familia profesional de Administración e Xestión. Outros ciclos da mesma familia son os dous Ciclos Formativos de Grao Superior: Administración e Finanzas e Secretariado.

 

Podes acceder directamente cando teñas algún destes estudos:
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Título de Técnico ou de Técnico Auxiliar.
Superar o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
Outros estudos equivalentes a efectos académicos.

Non é preciso realizar a proba de acceso ao ciclo formativo de grado medio. Para presentarche tes que ter polo menos 17 anos.

Que vou aprender e facer?

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención ao cliente/usuario, tanto en empresas públicas como privadas, aplicando a normativa vixente e protocolos de calidade, asegurando a satisfacción do cliente e actuando segundo normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

Este profesional será capaz de:

  • Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
  • Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas ou información obtida.
  • Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
  • Rexistrar contablemente a documentación soporte correspondente á operativa da empresa en condicións de seguridade e calidade.
  • Realizar xestións administrativas de tesourería, seguindo as normas e protocolos establecidos pola xerencia co fin de manter a liquidez da organización.
  • Efectuar as xestións administrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos da empresa, axustándose á normativa vixente e á política empresarial, baixo a supervisión do responsable superior do departamento.
  • Prestar apoio administrativo na área de xestión laboral da empresa axustándose á normativa vixente e baixo a supervisión do responsable superior do departamento.
  • Realizar as xestións administrativas da actividade comercial rexistrando a documentación soporte correspondente a determinadas obrigacións fiscais derivadas.
  • Desempeñar as actividades de atención ao cliente/usuario no ámbito administrativo e comercial asegurando os niveis de calidade establecidos e relacionados coa imaxe da empresa/institución.

Cales son algunhas das asignaturas?

Algunas das asignaturas son:

Tratamento informático da información, Operacións administrativas de compra-venda, Comunicación empresarial e atención ao cliente, Técnica contable, Inglés, Empresa e administración, Formación e orientación laboral.

Empresa na aula, Tratamento da documentación contable, Operacións auxiliares de xestión de tesourería, Operacións administrativas de recursos humanos, Inglés técnico para xestión administrativa,

Recorda que con Efa A Cancela poderás facer training en empresas desde o primeiro trimestre do primeiro curso. 

Cales son as saídas profesionais?

Este profesional exerce a súa actividade tanto en grandes como en medianas e pequenas empresas, en calquera sector de actividade, e particularmente no sector servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das devanditas empresas e institucións e prestando atención aos clientes e cidadáns.

Que podo facer ao acabar os estudos?

As ocupacións e postos de traballo máis relevantes tanto en empresas públicas como privadas son os seguintes:

Auxiliar administrativo.
Axudante de oficina.
Auxiliar administrativo de cobros e pagos
Administrativo comercial.
Auxiliar administrativo de xestión de persoal
Auxiliar administrativo das administracións públicas.
Recepcionista.
Empregado de atención ao cliente.
Empregado de tesourería.
Empregado de medios de pago.

Tamén podes seguir estudando:

Outro Ciclo Formativo de Grao Medio coa posibilidade de realizar convalidaciones de módulos.
O Bacharelato en calquera das súas modalidades.

Share this Post