A Cancela, sé dunha interesante sesión sobre o compostaxe e o futuro do lixo

/ Decembro 19, 2018/ Noticias

A EFA A Cancela acolleu a conferencia-organizada polo ClubFaro, a Deputación de Pontevedra e o Concello de As Neves- na que Joseba Sánchez, consultor ambiental en Euskadi, e Carlos Pérez, asesor de residuos da Deputación- defenderon o futuro do compost non só pola súa importancia ambiental, senon como modo de aforro de enerxía e cartos.

A directora da EFA A Cancela, Lara Fernández, deu a benvida ós poñentes e autoridades

A conferencia foi presentada por Salustiano Mato, biólogo, anterior rector da Universidade de Vigo, e tivo unha boa entrada de expertos na materia e veciño interesados polas posibilidades que ofrece o “Plan Revitaliza” ó que ven de sumarse o Concello de As Neves.

Un intre da conversa sobre o compostaxe na EFA A Cancela

Sendo este un dos últimos concellos en incorporarse ao plan, xa se entregaron 550 compostadoras de uso individual, entre eles, un na propia EFA A Cancela. Aínda que a baixada do custo do servizo espérase para 2019 o Concello xa esta notando unha redución do lixo e vai experimentar coa redución dunha ruta de recolleita segundo destacou Oscar González, edil do grupo de goberno, presente entre o público.

A prensa do día fíxose eco detallado da sesión, como vemos neste enlace.

A reunión xuntou a un bó grupo de xente interesada no tema en As Neves

Share this Post