
ERASMUS+/FCT NO ESTRANXEIRO
Os programas de mobilidade permiten aos estudantes formarse e facer prácticas noutros países europeos. Estes programas achegan un valor extra á educación, contribuíndo a mellorar o futuro profesional e favorecendo, por tanto, o desenvolvemento persoal.
Ademais de mellorar a formación, pasar un tempo fóra de España e realizar as prácticas de FP no estranxeiro pode servir tamén para aprender outros idiomas e contactar con empresas e alumnos doutros países. A formación é recoñecida formalmente a través dos sistemas de créditos ECTS e as competencias adquiridas rexístranse no Suplemento Europeo ao Título (Europass) que acredita que se recibiu formación válida a nivel europeo.
Introducción
O novo programa da Comisión Europea, chamado “Erasmus for all” ou “Erasmus+”, substitúe todos os programas previos (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Xuventude en Acción, etc.) desde o ano 2014.
A Efa A Cancela posúe a Carta Erasmus+ (ECHE) e participa en Erasmus+ como socio de envío, para o alumnado dos Ciclos Medios e Ciclo Superior poda realizar a súa FCT no estranxeiro e para o ex alumnado, prácticas extra curriculares dentro do ano posterior á titulación.
A EFA A Cancela ofrece ó seu alumnado a posibilidade de facer a FCT no estranxeiro (e previamente estudar un período previo a todo o aquel que así o desexe), optando por:
ERASMUS+:
- KA1: Mobilidades (envío): Ciclo Medio, Ciclos Superiores e job shadowing (docentes).
Para saber a cuantía da Beca accede á “Guía do Programa Erasmus+” no apartado “Ligazón/Máis Información”. Podes atopalo a partir da páxina 51.
BECAS DA XUNTA: (Máis información no apartado “Axudas FCT Xunta”).
Ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/
* Ambas Becas son incompatibles.
As coordinadoras dos programas europeos son Mercedes Boado (Administración), Ana Rosa Doval (Dpto. Inglés). Contacto:publidadefa@gmail.com
Podes amplia-la información na seguinte web:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm
O obxectivo deste programa e ofrecer a posibilidade ós nosos alumnos a traballar nunha empresa europea desde durante un período a elexir polo alumno que oscila entre 1 mes e hasta 6 meses. (Unha vez rematada a FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á súa graduación).
Este programa enmárcanse dentro do Erasmus+ e a cuántía das bolsas oscila dependendo do país (Ver máis información nas ligazóns).
Os países onde pode ir o alumno son Reino Unido, Irlanda, Italia, Finlandia, Malta, Portugal, ou Alemania, entre outros.
Ábrese o período de inscrición para todos aqueles interesados en beneficiarse deste proxecto.
Requisitos para participar:
– Ter finalizado e aprobado un Ciclo Medio (Xestión Administrativa ou Panadería no caso do noso centro).
– Ter un coñecemento acreditado na lingua do país de destino ou se nón é o caso compremeterse a realizar un curso gratuito na plataforma lingüística de Erasmus+.
Baremo para a selección de alumnado:
- Adecuación da titulación e do perfil (30%)
- Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)
- Expediente académico (20%)
- Méritos (10%)
- Entrevista persoal (20%)
Documentos para descargar:
- Folla de inscrición para a participación no programa Practicum Depo. (Debes descargala, por os teus datos e escaneala e enviala a publicidadefa@gmail.com ou entregala no noso centro) Descargar aquí.
- Convocatoria para entrevista persoal
Máis información:
Documentos Legais:
- * Carta Erasmus: descargala aqui.
- * Erasmus Policy Statement: descargala aquí.
O período de prácticas en empresas abrangue o derradeiro trimestre do segundo curso en todos os ciclos. Tamén pode facerse de setembro a decembro ou de xaneiro a marzo. Permite completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título, adquirir unha madureza que permita adaptarse aos cambios das necesidades de cualificación e para a aprendizaxe ao longo da vida, completar coñecementos relacionados coa profesión coa finalidade de facilitar a inserción laboral e tamén avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da profesión e requiridos no emprego que non poidan verificarse no centro por esixir situacións reais de traballo.
Este módulo pode cursarse en España ou no estranxeiro. As empresas deberán permitir que o alumno acade a consecución dos obxectivos establecidos para este módulo no currículo do ciclo mediante as actividades formativas establecidas no plan individualizado. Este período de formación non supón unha vinculación laboral dos alumnos coa empresa ó tratarse de estudantes e non de traballadores con contrato de traballo.
Axudas económicas.
A Xunta de Galicia concede cada ano unha contía económica para aquel alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria. O mesmo sucede no caso de que se fagan prácticas no estranxeiro mediante un programa Erasmus+. (Ver sección Erasmus+).
Podes acceder á última convocatoria para ampliar toda a información relacionada con estas axudas, accedendo ó DOGA de 8 de maio de 2019
“Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza a formación en Centros de Traballo”: DOGA de 21 de maio de 2019
Curso 2019/2020
Relación de alumnado admitido Erasmus 2020
Curso 2017/2018:
Relación de alumnado admitido Erasmus 2018
Curso 2016/2017:
Relación de alumnado admitido Erasmus 2017
Postos de traballo
Pasteleiro/a Panadeiro/,pizzeiro,xeadeiro , elaborador/a e decorador/a de pasteis, confeiteiro/a, reposteiro/a, turroneiro/a, elaborador/a de caramelos e doces, elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, galleteiro/a, Pastry chef… Na actualidade estréitase a liña entre o mundo salgado e o mundo doce no restaurante, necesitando cada día máis xente polivalente.
Módulos/Horario
Duración: 2000 horas
HORARIO: Luns a venres de 9:10 a 14:30. Luns e martes haberá clases tamén pola tarde, ata as 18:00
Materias:
- Elaboracións de confeitaría e outras especialidades (192 h.)
- Elaboracións de panadaría e bolaría (347 h.)
- Empresa e iniciativa emprendedora (53 h.)
- Formación e orientación laboral (107 h.)
- Formación en centros de traballo (410 h.)
- Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría (133 h.)
- Operacións e control de almacén na industria alimentaria (80 h.)
- Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría (70 h.)
- Procesos básicos de pastelaría e repostaría (240 h.)
- Produtos de obradoiro (175 h.)
- Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos (53 h.)
- Sobremesas en restauración (140 h.)
En que nos diferenciamos
- Contacto coa empresa: En toda FP existe una parte da formación, que se temporiza no segundo ano do ciclo e que se realiza en centros de traballo FCT ( prácticas en empresa).
Na nosa escola incorporamos o Método Empresa-Aula que consiste nunha alternancia de prácticas nas empresas dende o primeiro ano. Isto segue a liña da filosofía dual que tan bos resultados está xerando para a futura inserción laboral. - Trato persoal e coaching: Un dos pilares como centro educativo está no sistema de seguimento personalizado do que dispón o alumno durante a súa estancia na escola.
- Bolsa de traballo: A escola conta cunha bolsa de traballo viva e en constante actualización para alcanzar o gran índice de inserción laboral con que contamos na nosa escola.
- Actividades complementarias: un aprendizaxe dinámico, innovador e atractivo:
Masterclass e Cursos con figuras de renome no sector: Xavier Barriga, Judith Comes, Gerard Barsé, Iñaqui Bretal, Rafael Centeno, Francisco Tejero, Fernado Saez, etc.
Semana Gastrocultural: Actividades relacionadas con coñecer e divulgar produto de calidade, emprendemento, oportunidade de negocio, promoción do medio, etc.
Viaxes de estudios: Forum, Alimentaria, Intersicop, Feria Gourmet, empresas del sector tanto do noso entorno, como de índole nacional ( Moulin del chocolate, Turris, Harina Madrid, Dstage, Diverxo, Totel, Escribá, Joan Baixas, etc. Para mais información,visita a nosa galería de fotos.
Traballos eproxectos e talleres grupais: Trátase de que alumno aprenda a traballar en grupo e a utilizar as ferramentas tanto de carácter tecnolóxico como de aprendizaxe de xestión de recursos que enlazan cos sistemas pedagóxicas máis empregados hoxe en día no proceso da formación.
Sesións se formación: Para esta actividade utilizaremos de forma transversal en todo o proceso formativo un sinfín de actividades, formas de traballo, sesión formativas, tertulias, experiencias profesionais, entrevistas, sesión de protocolo empresarial, etc .
Prácticas
CLUB FINANCIERO DE VIGO
HOTEL BALNEARIO MONDARIZ
PANADERÍA CAMIÑO NOVO, TOMIÑO
PASTELERÍA, CONFITERÍA EL MOLINO, VIGO.
PANADERÍA BOULANXERI. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
TAFONA CASA DE XANTAR.RESTAURANTE. SDCOMPOSTELA.
RESTAURANTE EIRADO DA LEÑA. PONTEVEDRA.
EL TRIGAL. VIGO
RESTAURANTE BÚRBIDAS. MONDARIZ
CONFITERÍA REGINO. PONTEAREAS
CONFITERÍA PORRIÑO.
PASTELERÍA SÉMOLA.
PARADOR DE BAIONA.
LEMBRANZA.PONTEAREAS.
A FOGAZA. PONTEAREAS.
RESTAURANTE ESTEBAN. MOS
MARUJA LIMÓN.VIGO
RESTAURANTE CASA MARCO.
PANADERÍA TRASTRIGO.
PANADERÁ ERUNDINA. PORRIÑO.
TASKATENDA. SALVATERRA.
RESTAURANTE PÍCOLA.
PANADERÍA SUPAN. VIGO
PASTELERÍA CARLO.PORRIÑO.
PANADERÁ PANDARÁN. A LAMA.
A MAQUÍA. PORRIÑO.
FRANCOS. PONTEAREAS.
CASA RIVERO. MONDARIZ.
Axudámosche no que precises, cumprimenta este formulario e responderémosche o máis pronto posible