Antía Pérez, Educadora Infantil e Mestra de Primaria en Dublín dende fai 6 anos, contoulles ao alumnado de 1º do CFGS de Educación Infantil a súa experiencia de vivir e traballar no sector da Educación Infantil nesta cidade. O alumnado puido resolver deste xeito, dúbidas e inquedanzas con respecto a esta posibilidade de traballo.…
Tres alumnos de Panadería aprenden en Bolonia cunha beca Galeuropa
Como se pode ler na web da Consellería, Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil. O seu obxectivo é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais, de cara a lograr unha mellora da formación e adquisición de experiencia para a inserción laboral. En resumidas contas:…