Percorrido por unha das empresas punteras da alimentación en Galicia

Os alumnos do Ciclo de Xestión administrativa fixeron unha visita guiada á factoría de Mascato en Vigo.

A empresa é unha das pricipais colaboradoras da EFA A Cancela, destino habitual dos nosos alumnos durante as prácticas, no marco do programa empresa-aula, que nos leva a planificar un tempo de prácticas dende o primeiro trimestre do primer curso.

 

 

 

 

Durante a visita tivemos a sorte de coñecer ó seu director xeral, Julio Lloves e do xerente da empresa en Salvaterra, Gonzalo Rancaño, que tiveron a deferencia de saudarnos e adicarnos o seu tempo.

Os directivos presentaron ós alumnos a empresa, reseñando especialmente o aspecto multinacional da empresa, que conta con sedes en Sudáfrica, Namibia, Chile, Vietnam ou Estados Unidos, entre outros países. 

Ademáis, tivemos o privilexio de ser dos primeiros en probar un dos produtos que están a punto de comercializar en Estados Unidos, compostos de peixe espada ou atún.

Unha actividade de empresa que encantou aos alumnos do ciclo administrativo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *