Normas de convivencia en redes sociais

/ Abril 29, 2015/ Uncategorized

normas-convivenciaPara asegurarse de que todos os usuarios poidan beneficiarse desta canle de comunicación. Efa A Cancela poñe en coñecemento a seguidores e amigos do portal, algunhas normas de convivencia que acollen este espazo: 

  • A nosa páxina está abierta a todos. É un espacio libre no  que podedes contar, preguntar ou compartir o que queirades no noso muro que se atopa aberto. Pero como toda comunidade, existen normas básicas para que a convivencia sexa máis agradabel para todos e todas.
  • O outro lado do monitor hai unha persoa, hai que ser cortés e respetuoso. Non permitiranse comentarios ofensivos cara outros usuarios, o contido da páxina ou a marca.
  • As normas éticas a seguir deben ser as mesmas que se aplican na vida real, en Internet hai persoas de verdade e se as ofende so se conseguirá ser excluido.
  • Non se tolera ningún tipo de difamación, ameaza ou violación de privacidade. Os usuarios son responsables do contido, links e imáxenes que se compartan na nosa páxina.
  • Non se aceptan mensaxes que vulneren os dereitos dos usuarios (xenófobos, homófobos) nin exaltación do terrorismo.
  • A publicación de contidos de carácter sexual o pornográfico, violento ou repulsivo, ademáis de estar fora de lugar, poden danar a sensibilidade de todos. Ten en conta que nos atopamos nunha canle pública.
  • Non empregues este medio para anunciarte. Non aceptamos Spam nin debates alleos ós nosos intereses ou contidos. 

Participar na páxina de Facebook de Efa A Cancela é completamente voluntario. Esperamos que disfrutes e fagas un bo uso da mesma.

Share this Post