Dentro do noso ideario educativo, contémplase a formación integral, polo tanto imos coidar de forma moi especial unha educación en valores que nunca pode faltar na formación da persoa.

Ao longo deste curso traballarase unha serie de valores que imos ir coidando mes a mes dende todos os ámbitos do centro educativo, tanto nas clases con pequenos detalles que fan alusión ao valor tratado ese mes como na convivencia fóra da aula (comedor, actividades extra escolares, etc).

MAYO → ALEGRÍA 

Este mes de maio, próximo xa a finalización do curso e tendo como lema do mes A ALEGRÍA, eu pregúntome: ¿estamos alegres? ¿Non? A tristura normalmente vén despois dun acontecemento ou un comportamento negativo. Os acontecementos ás veces non podemos controlalos pero os comportamentos si.

Compórtate sempre de tal forma que non teñas que arrepentirte e estarás sempre alegre.

                              “A TRISTURA É O DISFRACE DA DESESPERANZA”

ABRIL → TRABAJO

Este mes de abril enfocámolo ao Traballo e ao coidado dos pequenos detalles. Diriamos que o lema para este mes podería ser a frase de Gorky: “Cando o traballo é un pracer, a vida é unha marabilla, cando o traballo é un deber (só), a vida é unha escravitude”.

Sería bo que o traballo o visemos como un espazo de interrelación cos demais, un tempo para gozar tamén. Sorprendernos sendo creativos e por aquilo que adoitamos facer, un camiño de aprendizaxe ou un proceso de achega ao resto da comunidade.

NOVEMBRO → CONVIVENCIA

“Aprendemos a voar como os paxaros, a nadar como os peixes; pero non aprendemos a sinxela arte de convivir como irmáns”. Martin Luther King

Iste é o noso lema para este mes de novembro: aprender a convivir na nosa escola para crecer en valores de interese para toda a vida.

Os alumnos e alumnas  da EFA A Cancela pudiron gozar o pasado venres 4 de novembro dun magosto lúdico-formativo con diversas actividades como unha sesión formativa sobre valores para convivir na escola e unha clase de Tai Chi.

O tema central da convivencia foi moi valorado tanto polo contido-virtudes que se poden aprender a través dá convivencia diaria- como pola presentación-exposición do tema.

¡Qué ben o pasamos!


OUTUBRO→ ORDE

ACTIVIDADES

  • Unha sesión formativa sobre a orde tanto no material coma nas actividades ou nos afectos:

a) material: Durante toda a xornada escolar as profesoras fixarán a atención das alumnas sobre como queda a clase, e as súas pertenzas, recollidas, cando saímos ao recreo, ao comedor ou ao final do día.

b) actividades: Nas titorías persoais, as titoras traballarán o tema de orde no estudo, revisando e comentando o horario de traballo e organización do tempo empregado ao igual que a colaboración familiar.