CICLOS DE ADMINSTRACIÓN

O pasado día 29 de abril tivo lugar o Seminario “Posicionamento da Empresa a través de Internet” cunha grande aceptación.

Os temas tratados foron:

– Marketing 2.0

– Montar un Blog

– Google : posicionamento, Analytics e Adwords.

– Ferramentas Sociais.

varias 001

 

 

 

 

 

 

 

 

 

varias 008

 

 

 

 

 

 

 

 

 

varias 006

 

 VIAXE A LONDRES 2014

 

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN PAÍSES DE FALA INGLESA

 IMG_20140325_102538

 

Na Efa Cancela estamos a desenvolver un Programa de Inmersión Lingüística en Países Estranxeiros co obxectivo de que os nosos alumnos practiquen in situ o Idioma Universal, que é o Inglés.

 

O aprendizaxe de idiomas constitúe un elemento imprescindible  para desenvolverse nos distintos ámbitos da vida actual, tanto no laboral, tendo en conta a internacionalización das relacións económicas, coma mesmo na vida cotiá, dadas as posibilidades que ofrecen os numerosos intercambios humanos que se suceden cada vez en maior medida.

Iso levounos a idea de potenciar cada vez máis o estudo das distintas linguas, entre as cales, resulta indubidable que o inglés ocupa un dos primeiros lugares. Ata tal punto é así que a Comisión Europea se formula fixar nos Obxectivos 2020 de Educación e Formación un novo indicador que consistiría en que os Estados Membros dispoñan de polo menos un cincuenta por cento de alumnado no nivel B1 ou superior no primeiro idioma estranxeiro.

 

Non obstante a actividade puramente docente, se ben resulta básica, ao achegar os fundamentos teóricos do idioma, non sempre resulta suficiente pois os alumnos españois non obteñen os resultados esperados en inglés malia que o ensino desta lingua comeza a unha idade máis temperá que na maioría de países. As maiores dificultades obsérvanse na comprensión oral. É por iso polo que convén complementar o ensino na aula cun aspecto práctico que tradicionalmente se veu levando a cabo mediante o desprazamento dos alumnos a distintos países de fala inglesa.

 

Impulsados con este obxectivo neste primeiro viaxe o destino elexido foi o berce da Lingua Inglesa por excelencia…..LONDRES.

Antes de nada imos facer un pequeño análise desta fermosa cidade.

IMG_20140325_121412

 

Londres (London): Capital de Inglaterra e o Reino Unido. Ten a maior cidade e área urbana de Gran Bretaña e de toda a Unión Europea. Situada a beiras do río Támese, Londres é un importante asentamento humano dende que foi fundada polos romanos co nome de Londinium hai case dous milenios.

 

Superficie: Ten unha superficie de 1570 km² e unha poboación aproximada de 8 308 369 hab.

 

Clima:Londres ten un clima oceánico morno, similar ao do resto do sur de Gran Bretaña. A pesar da súa reputación de cidade chuviosa, Londres recibe menos precipitacións nun ano que Roma (834 mm) ou Burdeos (923 mm).
Os veráns son xeralmente cálidos e de cando en vez moi calorosos. No centro da cidade as temperaturas adoitan ser uns 5 °C máis altas que nos arredores debido ao efecto de illa de calor que crea a área urbana. A temperatura media dos veráns londinienses é de 24 °C.

 

Goberno: Monarquía constitucional. Isabel II, raíña de Inglaterra. Isabel II é a actual monarca de dezaseis Estados soberanos coñecidos como Reinos da Mancomunidade de Nacións: o Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Xamaica, Barbados, Bahamas, Granada, Papúa Nova Guinea, Illas Salomón, Tuvalu, Santa Lucía, San Vicente y las Granadinas, Belize, Antiga e Barbuda e San Cristóbal y Nieves. Tamén, é a principal figura política dos cincuenta e catro países membros da Mancomunidade de Nacións. No seu rol específico como monarca do Reino Unido é á súa vez a gobernadora suprema da Igrexa de Inglaterra. O seu papel político abrangue grandes áreas, ten funcións constitucionais significativas e actúa como foco da unidade nacional dos británicos e como representante da súa nación ante o mundo.


Relixión: De acordo co censo de 2011, o grupo relixioso máis numeroso de Londres son os cristiáns (48,4%), seguido dos irrelixiosos (20,7%), musulmáns (12,4%), os que non declaran ningunha relixión (8,5%), hindús (5,0%), xudeus (1,8%), sijes (1,5%), budistas (1,0%) e outros (0,6 %).

 

Londres foi tradicionalmente cristián e conta con moitas igrexas, especialmente dentro da City. As famosas catedrais de San Pablo, na City de Londres.

 

Segundo o Eurostat, Londres é a maior zona urbana de Europa. Non obstante, a Universidade de Aviñón sostén que é París.

 

 

MEMORIA DO VIAXE A LONDRES

 

No primeiro día recorremos as inmediacións de HYDE PARK. Con máis de 140 hectáreas de extensión, Hyde Park é o parque máis grande do centro de Londres. Constitúe o gran pulmón da cidade e serve como lugar de esparexemento para londinienses e turistas.

 220px-Aerial_view_of_Hyde_Park

IMG_20140324_200404Atravesando Hyde Park chegamos ó tan coñecido HARRODS. Éste é o centro comercial máis famoso de Londres. Está situado en Brompton Road, no distrito de Knightsbridge, moi preto de Hyde Park.

IMG_20140324_200832

 

En decembro de 1883 Harrods foi vítima dun grande incendio e derrubouse. Ao pouco tempo, o edificio foi reconstruído a maior escala. Actualmente o propietario de Harrods é o exipcio Mohamed Al Fayed.

 

 

No segundo día en Londres a nosa visita obrigada foi a ABADÍA DE WESTMINSTER (Westminster Abbey).IMG_20140325_120529

 

A Abadía de Westminster é o templo máis famoso e antigo de Londres. Elixida como sede para as coroacións reais, a abadía tamén acolle as tumbas dos monarcas e figuras históricas británicas dos últimos mil anos.

 

A abadía, construída con estilo románico, foi consagrada no ano 1065 para dar acubillo aos monxes beneditinos. Entre 1245 e 1517 foi reconstruída cun estilo gótico e durante o século XVIII sufriu a súa maior transformación, tras a construción das dúas torres da entrada principal.

 

Dende a coroación de Guillermo el Conquistador no ano 1066, todos os monarcas ingleses foron coroados na Abadía de Westminster utilizando un trono de coroación medieval do século XI que aínda se conserva.
Algúns dos acontecementos máis recentes celebrados na abadía foron o 80 aniversario da raíña Isabel II ou o funeral da princesa Diana de Gales.

 

O rincón dos poetas alberga as tumbas e mausoleos de grandes xenios da literatura como Charles Dickens, William Shakespeare, Geoffrey Chaucer, Samuel Johnson e Rudyard Kipling.

 

IMG_20140326_102118A nosa seguinte parada foi no PALACIO DE WESTMINSTER no que asistimos a unha sesión no Parlamento na chamada “House of Commons” (Casa dos Comúns). Nesta primeira Cámara Parlamentaria é onde se tratan os Primeiros Bocetos das Leis.

 

O Palacio de Westminster (Westminster Palace), tamén coñecido como as Casas do Parlamento (Houses of Parliament), é un edificio gótico vitoriano que alberga as dúas Cámaras que compoñen o Parlamento Británico.

 

 

A coñecida torre do Big Ben, o famoso reloxo das Casas do Parlamento converteuse nunha das imaxes máis famosas de Londres, ademais dun dos principais símbolos da cidade.

 

Os nosos alumnos aprenderon que aínda que xeralmente cando falamos do Big Ben nos referimos á Torre do Reloxo do edificio do Parlamento de Londres, esta denominación non é de todo exacta, xa que o Big Ben realmente é unha enorme campá de 14 toneladas que se encontra no interior da torre.

 

 

O reloxo da Torre do Big Ben, composto por un reloxo de 7 metros de diámetro en cada unha das súas caras, foi posto en marcha en maio de 1859. Hoxe en día converteuse nun símbolo da nación e as súas badaladas son transmitidas a diario pola cadea de raio da BBC.

 

 

O noso seguinte destino foi o MUSEO BRITÁNICO (BRITISH MUSEUM). Na actualidade o Museo Británico recibe máis de 5IMG_20140325_163914 millóns de visitantes anuais, o que o converte no terceiro museo máis visitado do mundo, por detrás do Louvre de París e do Metropolitan Museum de Nova York.

 

Entre os obxectos da colección estaban incluídos máis de 40.000 libros e antigüidades procedentes de Grecia, Roma, Exipto, Oriente Medio e América.

 En 1782 aumentou considerablemente a colección de pezas de orixe grega e romana e, despois disto, en 1801 o museo adquiriu unha gran cantidade de antigüidades exipcias, entre as que se inclúe a impresionante Pedra Rosetta (grazas á cal se puideron traducir os xeroglíficos exipcios). IMG_20140325_164750

 

Tamén fixemos algún descansiño, como por exemplo degustar a ampla variedade de cafés na famosa cadena de Sturbucks.

 

 

Despois dirixímonos hacia SOHO E CHINATOWN, ó tempo que atravesábamos as famosas PRAZAS DE TRAFALFAR (SQUARE) E PICADILLY CIRCUS.

 

No centro da praza álzase a maxestosa Columna de Nelson, construída en 1843 enTRAFALGAR honor ao almirante Nelson, falecido mentres se encontraba ao mando da armada británica na Batalla de Trafalgar.
A columna de granito de case 50 metros de altura está coroada por unha estatua do almirante Nelson e rodeada por catro leóns de grandes dimensións, construídos a partir do bronce fundido dos canóns da frota francesa.

 

Na parte norte da praza álzase a maxestosa NATIONAL GALLERY e fronte a ela sitúanse dúas grandiosas fontes que se iluminan cando cae a noite.

NATIONALjpeg

 

A Galería Nacional de Londres expón obras pictóricas de procedencia europea, dende 1250 ata 1900. A colección permanente está composta por máis de 2.300 pinturas, entre as que destacan algunhas obras de Rembrandt, Tiziano, Velázquez, Van Gogh e Miguel Angel.

 

A praza de Picadilly Circus é coñecida polos seus carteis luminosos e a fonte de Eros situada no centro, que se converteu nunha das iconas de Londres.
A oferta de ocio de Piccadilly Circus é moi extensa, dende unha gran cantidade de tendas, cines e teatros, ata restaurantes para todos os gustos.
Piccadilly Circus é un dos lugares máis animados de Londres e unha das principais zonas de festa da cidade.
Nas inmediacións da praza abundan os relacións públicas que ofrecen entradas con desconto para os locais de moda.

 

Chinatown non está carente de historia. A zona orixinal encontrábase na parte este de Londres, onde comezaron a concentrarse miles de mariñeiros chineses a finais do século XVIII. Estes foran contratados en China pero, por razóns diversas, tiveran que ir quedando a vivir en Londres.
No ano 1914, xa se abriran 30 negocios chineses en Limehouse, a maioría para surtir os propios mariñeiros. Durante a Segunda Guerra Mundial a zona quedou destruída e encontrar traballo na mariña era misión imposible para os estranxeiros.

CHINATOWN

A metade do século XX os chineses que quedaban en Londres sufrían serias penurias. Por sorte para eles, os soldados que volvían de Asia chegaban con ganas de seguir degustando comida asiática. Nesa época abríronse os primeiros restaurantes en Gerrard Street, unha rúa con moita reputación gastronómica internacional.
A popularidade dos restaurantes chineses atraeu grandes emprendedores asiáticos que converteron a zona na actual Chinatown.

 

 

IMG_20140326_121940No noso terceiro día en Londres dirixímonos, como non, ó PALACIO DE BUCKINGHAM para asistir ó tan famoso Cambio de Guardia.

 

O Palacio de Buckingham (Buckingham Palace) é a residencia oficial da Familia Real Británica en Londres dende 1837. Actualmente, é o lugar de residencia da raíña Isabel II.

Durante as dúas guerras mundiais o pazo sobreviviu de xeito exemplar. Na Primeira Guerra Mundial tivo a sorte de non ser atacado pero, durante a Segunda Guerra Mundial, foi bombardeado en diferentes ocasións. O bombardeo máis importante destruíu a capela real en 1940.

IMG_20140326_115756

 

Tivemos a sorte de que a bandeira estaba izada o que quere dicir que a Reina de Inglaterra atópabase neses momentos dentro do Palacio.

 

 

Desde aquí diríximonos a NOTTING HILL E Ó MERCADO DE PORTOBELLO.

IMG_20140326_133006

PORTOBELLO

O Mercado de Portobello é un dos mercados máis famosos de Londres. En Portobello é posible encontrar unha gran variedade de artigos, entre os que destacan as antigüidades. As moedas, reloxos, mobles, selos ou xoias son algúns dos obxectos máis populares.
O Mercado de Portobello toma o nome da rúa na que se encontra, Portobello Road. Esta rúa ten uns tres quilómetros de lonxitude e conecta Nothing Hill con Ladbroke Grove. Ademais dos coloridos postos da rúa principal, tamén é posible encontrar tendas e postos en rúas perpendiculares como Westbourne Grove.

 

Pola tarde-noite desfrutamos das vistas desde a LONDON EYE.

IMG_20140326_102232IMG_20140326_182232

Coñecida tamén como Millennium Wheel (Roda do Milenio), a noria é un logro do deseño e a enxeñaría construído ao longo de sete anos por centos de traballadores provenientes de cinco países diferentes.
A London Eye foi a maior nora do mundo ata o ano 2006 cando foi superada pola Estrela de Nachang en Nachang (China). En 2008, os 165 metros do Singapore Flyer marcaron un novo record.

 

 

IMG_20140327_104500No cuarto día empezamos a nosa visita no MERCADO DE CANDEM (Candem Market)

 Durante o día, a zona está abarrotada de turistas e é unha visita obrigada, pero durante a noite convértese nunha zona pouco recomendada para o público en xeral.

IMG_20140327_112930_3IMG_20140327_104530


No mercado de Camden hai moitos postos de comida, os puestecillos móbiles que se sitúan na praza, bastante máis caros pero con mellor aspecto (e onde a comida está bastante máis boa), e os postos fixos que hai nos soportais, postos de múltiples nacionalidades con comida de todo tipo, nos que venden bandexas de comida por 3 ou 4 libras.

 

A continuación pola tarde e movéndonos no famoso Metro Londinense para percorrer a enorme zona Centro fomos a chamada CITY a visitar en primeiro lugar a TORRE DE LONDRES (TOWER OF LONDON).IMG_20140327_133503

 

Durante máis de 900 anos a Torre de Londres foi sinónima de terror debido a que se trataba do lugar no que eran encerrados todos aqueles que ofendían o monarca. A maioría dos presos malviviron en condicións espantosas e non saíron con vida, ou foron torturados antes de ser executados na próxima Tower Hill (Outeiro da Torre).
Foron moitos os personaxes de gran relevancia que tiveron a desgracia de sufrir entre as paredes da Torre de Londres, entre os que se incluíron algúns reis derrocados, aristócratas e clérigos acusados de traizón. Algúns dos personaxes máis destacados entre os que foron executados na Torre Verde foron a raíña consorte Ana Bolena, a raíña Jane Grey, o barón William Hastings, ou o pensador e escritor Tomás Moro.

 

A continuación o TOWER BRIDGE.IMG_20140327_135501

Tower Bridge (Ponte da Torre) é un dos símbolos máis destacados de Londres. Esta rechamante ponte levadiza, construída con estilo vitoriano, encóntrase situado xunto á Torre de Londres.

 

Desde o Támesis divisamos o original CONCELLO

 

 

Inaugurado no ano 2002, o peculiar edificio do City Hall posúe unha característica forma ovalada que lle outorga unha aparencia futurista.
Para a creación dos deseños contouse coa inspiración do arquitecto Norman Foster, artífice doutros curiosos deseños como o do edificio do Parlamento de Berlín.

 

O impresionante edificio “SHARD”

 

IMG_20140327_135303

The Shard é o rañaceos máis alto da Unión Europea con 310 metros de altura. Dende a súa inauguración en xullo de 2012, a silueta de The Shard determinou o skyline de Londres para sempre. Nos seus inicios foi coñecido como London Bridge Tower.

 

Nas súas 87 plantas, 72 delas utilizables, The Shard conta con oficinas (plantas 3-28), restaurantes (31-33), o luxoso hotel Shangri-La (34-52), apartamentos (53-65), un miradoiro (68-72) e a agulla (73-87).
Como dato curioso e arrepiante, os apartamentos privados en The Shard, dos que só hai 10, un por planta, saíron á venda por prezos de entre 30 e 50 millóns de libras esterlinas.

 

 

IMG_20140327_155735

 

O buque-museo “HMS BELFAST”.

 

O buque HMS Belfast é un museo flotante ancorado no río Támese que forma unha parte importante do Imperial War Museum. A través das súas extensas exposicións, o barco mostra os diferentes aspectos da vida en altamar durante a súa participación na Segunda Guerra Mundial.

 

IMG_20140327_162515Pola tarde disfrutamos dun Cruceiriño polo Támesis e visitamola CATEDRAL DE SAN PABLO E O IMPERIAL WAR MUSEUM.

 

Cunha altura de 110 metros, a Catedral de San Pablo (St Paul ´ s Cathedral) de Londres é a segunda catedral máis grande do mundo, xusto por detrás da Basílica de San Pedro de Roma. Esta catedral é a obra mestra de Christopher Wren.

 

Probablemente o maior atractivo da catedral sexa a súa gran cúpula, composta por tres galerías circulares. Tras un ascenso de 257 chanzos chégase ata a primeira delas, a Galería dos Murmurios, situada a 30 metros de altura. Trátase dun lugar cunha incrible acústica no que se pode oír ata o máis mínimo son producido no extremo oposto da cúpula.

 

As entrañas da Catedral de San Pablo encóntranse perforadas formando unha gran cripta na que se conservan algúns fragmentos dos anteriores templos e diferentes monumentos e memoriais, ademais dos restos dalgúns grandes personaxes británicos como Nelson, Wellington ou Churchill.

 

O Imperial War MuseIMG_20140327_172505um (Museo Imperial da Guerra) ten por finalidade favorecer a análise e a comprensión dos conflitos bélicos producidos ao longo da historia, outorgando grande importancia aos efectos da guerra sobre a poboación civil.

 

 

 

 

 

 

E así rematou a nosa aventura pola capital Inglesa. Foi unha experiencia inesquecible, na que os alumnos aprenderon e disfrutaron moito e sobre todo quedaron con moitas ganas de volver e repetila experiencia.

 

ENTREVISTAS DE TRABALLO

 

Os días 19 e 20 de marzo os segundos cursos de administración tiveron una sesión práctica de entrevistas de traballo, a cargo do empresario don José Rodríguez Bartolomé que conta con una dilatada experiencia en selección de recursos humanos. A práctica consistiu en facer entrevistas a cada un dos alumnos, dándolle pautas para realizalas correctamente.

 

 

CONFERENCIA SOBRE OS PRODUTOS DE SEGURO

 charla seguros 005

 

Ponente: Enrique Méndez da empresa SICGALICIA

Data: 12 marzo

Cursos que asistiron: 2º CS Administración e Finanzas e 2º CM Xestión Administrativa charla seguros 001

 

Contido: tendo en conta o proxecto de creación dunha empresa que desenvolven estes cursos, a actividade consistiu nunha explicación práctica e detallada do produto máis adecuado para cada actividade empresarial e para cada situación persoal.

Resultou moi completa e motivadora polo seu enfoque próximo á realidade.

CONFERENCIA: “OS PERIGOS DE INTERNET”

charla perigos en Internet 003O día 31 de marzo os alumnos do Centro asistiron a unha sesión formativa acerca dos perigos de Internet e das diversas aplicacións da REDE, Twiter, facebook,linkedin…etc .

Foi impartida polo sargento da Garda Civil do posto de Salvaterra de Miño, e tamén foron invitados as familias que quixeran asistir, dado que os alumnos na súa maioría son maiores de idade.


O obxectivo era concienciar ó alumnado e as súas familias do uso correcto da rede dando algunhas pautas moi interesantes e invitando a colaborar a todos para mellorar este uso.
Análise das consecuencias deste uso, exposición pública á que se someten de xeito inconsciente, e as formas máis seguras de navegar por Internet así como a idade mínima esixida para o uso das redes foron entre outros os temas analizados na exposición.

charla perigos en Internet 001

CHARLA DE XULIO LLOVES E A EXPERIENCIA DUN EMPRESARIO

charla julio lloves + porco celta 001

 

Á charla asistiron os cursos de administración que con grande atención e á vez divertimento (pola amenidade do empresario) descubriron as aptitudes e actitudes necesarias para conseguir un posto de traballo, tanto dependente coma se se propoñen creación de empresa autónoma ou tipo sociedade.
O percorrido do Sr. Lloves dende os comezos de Mascato, (empresa situada en Salvaterra de Miño que se dedica á comercialización e envasado de peixe ) ata a actualidade a través de dificultades, e facilidades presentadas moitas veces con anécdotas, fixeron da sesión un tempo moi grato e entretido

SESIÓN INFORMATIVA “PORCO CELTA”

charla julio lloves + porco celta 004

 

 

A semana pasada tivo lugar na nosa escola unha sesión informativa a cargo dos promotores da produción do porco celta na Cañiza, asistiron a esta os grupos de Xestión administrativa e de Ciclo Superior ADF.


A exposición do tema corría a cargo do primeiro promotor da empresa que era D.
José Antonio Castiñeiras, presidente da Comunidade de Montes de Petan e Xerente da empresa Porco Celta Deva, en Cañiza, D. Fracisco José González Táboas que respondía da parte técnica e xerente de AFRIFOGA e Dª. Bibiana Conde Álvarez xerente do GDR Rural de Condado-Paradanta.


A sesión desenvolveuse de 16.00 a 18.00 h e con grande aproveitamento por parte do alumnado, por tocar temas de importancia capital para a creación de emprego, innovación e desenvolvemento do medio rural, así como a promoción de novas convocatorias dos fondos europeos para os próximos anos.

VISITA Á EMPRESA MASCATO

Recentemente os alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e do CM de Xestión Administrativa, visitaron a  empresa MASCATO , situada no  polígono empresarial de Salvaterra de Miño.

Salvaterra de Miño-20140131-00558

MASCATO, adicada ó sector de envasado de peixe conxelado  conta con empresas noutros países como Namibia Chile, Estados Unidos ou Vietnam.
Visitouse tanto a planta de envasado como as oficinas, explicándolles amplamente o funcionamento da planta, e as tarefas administrativas.

DSC00589

A visita resultou moi interesante, xa que coñeceron in situ a actividade da empresa e o alcance internacional desta, así como a súa repercusión a nivel comercial.
Destacar que  contamos coa colaboración do persoal de Mascato dende o punto de vista de acollemento por parte da empresa de alumnos/ás en prácticas para o desenvolvemento do módulo esixido no Ciclo de Formación no Centro de Traballo.

 

 

VISITA CRUZ VERMELLA DE PONTEAREAS

O mércores 11 de decembro, visitounos a Cruz Vermella de Ponteareas,  para darnos unha sesión práctica  sobre as pautas básicas en Primeiros Auxilios. Foi impartida polo enfermeiro Nemesio Boente, para os alumnos dos primeiros cursos dos Ciclos formativos, xa que no módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL), inclúe este contido. 

 

A finalidade é capacitar ó alumnado para desenvolver correctamente a actuación ante unha emerxencia e mellorar os coñecementos e as actuacións básicas, entre outros, fixéronse simulacións  de orden de actuacións do soporte vital básico, de reanimación cardiopulmonar, maniobra de Heimlich…

A sesión foi moi didáctica e interesante para o alumnado.

 

VISITA Ó CONCELLO

O pasado día 30 de novembro, os alumnos de CM de Xestión e de Cs de ADF, visitaron o

concello asn neves

Concello de As Neves como actividade relacionada coa celebración do próximo día da Constitución ( 6 de decembro).

Como en anos anteriores nos recibiu o Alcalde da Corporación Municipal e a Técnico Local do Concello.
Tivemos unha sesión informativa no salón de plenos, onde o Sr. Alcalde, D. Raúl Emilio Castro, explicou algúns termos da Constitución, de onde xurdiu debate en torno a algunhas das Institucións do Estado (por exemplo a importancia ou non das funcións do Senado, e a súa repercusión na política).
Tamén se falou da forma de elección dos colaboradores do Alcalde e da elección polos partidos políticos dos posibles concelleiros que representen aos diversos sectores sociais no Municipio, así como dos medios económicos do Concello e doutros temas relacionados coa economía do Concello. Como en anos anteriores, a visita resultou de interese, e fixémonos a foto nas escaleiras do edificio do Concello co Alcalde.

VISITA ÁS EMPRESAS AUGAS DE MONDARIZ E HOTEL TRYP

AUGAS MONDARIZ

O pasado xoves 28 de novembro, o alumnado dos Ciclos Medios de Xestión Administrativa e de Panadería, fixeron unha visita a empresa Aguas de Mondariz .

Atendeunos a responsable de calidade que nos iba explicando as distintas fases, primeiro a fabricación dos envases e despois o proceso produtivo do embotellamento da auga. Foi unha visita moi interesante, porque a medida que nos explicaban observábamos o proceso, ademais o alumnado estivo moi participativo,  facendo moitas preguntas.

HOTEL TRYP

Ó rematar en Aguas Mondariz, visitamos o Hotel Tryp , aquí atendeunos  o xefe de cociña, que nos explicou o funcionamento do restaurante e as cualidades que debe ter o persoal para traballar nun hotel de cinco estrelas.

Ademais, fixemos un percorrido polos distintos salóns do hotel.

Rematamos, tomando un pequeno aperitivo. 

INVESTIGACIÓN NA EMPRESA

 

Os primeiros cursos dos nosos ciclos inician esta semana un proxecto innovador que consiste nunha primeira toma de contacto coa empresa. O alumno visita durante 3 días a mesma, observa, pregunta e recaba información para posteriormente elaborar e presentar o resultado da investigación. Entre os obxectivos está o fomento do espírito emprendedor, familiarizarse  coas diferentes actividades que desenvolven, e tamén coa súa organización.

Nos seguintes trimestres o alumno xa entrará máis a fondo noutros temas como son o produto ou servizo que elabora ou presta a empresa e a atención á clientela.

Con este proxecto se pretende conseguir unha relación máis estreita entre o centro educativo e as empresas de forma que o alumno contraste na realidade algúns dos conceptos teóricos aprendidos na aula.

Algunha das empresas que colaboran nesta actividade son:

·        Asesoría Viñas & Brea (Ponteareas)hotel-balneario-mondariz-

·        Litus (Vigo)

·        Star (Tui)

·        Excavaciones y construcciones Laureano Covelo (Ponteareas)

·        Concellos de As Neves e Salceda

·        Aserco Ponteareas

·        Asesoría, Xestoría e Servizos da Paradanta (As Neves)

·        Forjados Hermanos Durán (As Neves)

·        Bodegas Eidosela (Arbo)

·        Asergalicia (Ponteareas)STAR

·        Balneario de Mondariz (Mondariz Balneario)

·        Confitería El Molino (Vigo)

·        Supán (Vigo)

·        Confitería Francos (Ponteareas)

·        Erundina (Porriño)

 

CHARLA

“PAUTAS PARA SER UN BO PROFESIONAL”

charla actitudes e aptitudes 011

Impartida o pasado 23 de novembro por D. Serafín Domínguez da empresa BSH Electrodomésticos España, S.A.

Tocou todos aqueles aspectos que, dende a súa experiencia, son importantes á hora de desenvolver de forma eficiente un traballo: puntualidade, educación, gañas de traballar e mellorar día a día, polivalencia, proactividade e iniciativa, autonomía, etc.

Tamén todo o relacionado coas entrevistas de selección. Resultou moi interesante e motivadora de cara á próxima incorporación ás prácticas na empresa.

charla actitudes e aptitudes 014(1)charla actitudes e aptitudes 005

VISITAÓ PARLAMENTO DE GALICIA

 

DIA 30, DE OCTUBRE DE 2013

parlamento02

Os alumnos de Xestión Administrativa de 2º curso, e de Administración e Finanzas de 1º da EFA, contáronnos, que visitaron o Parlamento, e entre outras cousas, transmitíronnos as seguintes.

 

 

 

GE DIGITAL CAMERA

Visitaron:
– O salón de recepcións, onde os políticos toman posesión dos seus cargos, cando son elixidos, e tamén nesta sala se recibe a xente importante.
– No vestíbulo principal, existe unha fermosa alfombra coas sete provincias que existiron en Galicia, e co GE DIGITAL CAMERAEscudo de Galicia, por onde se accede ao hemiciclo, onde se celebran os plenos, e está a porta principal
– Visitaron unha sala, onde lles puxeron un video, que explicaba as diferentes funcións do parlamento.
– Viron unha maqueta do parlamento, e tamén bosquexos e planos da estrutura, deste mesmo.
– Explicáronlles a reforma da estrutura. Contaban que a sala de plenos foi coma se se introducise un caixón dentro do patio e se deixaron corredores arredor.

– Pasaron pola biblioteca, alí explicóuselles, quen doara os libros e á súa vez, de que trataban algúns destes. digitalizPalamentoGalicia

Entre oGE DIGITAL CAMERAutros, faláronlles dos libros onde se recollían as sesións diarias do pleno, tamén dos libros de dereito, leis, etc… que se encontraban almacenados, na biblioteca.
– Logo, alí na biblioteca, simularon un debate, para reproducir o que facían os parlamentarios nestes momentos.
– Pasáronse tamén, polas diferentes salas dos grupos parlamentarios que compoñen o parlamento, cuxa dimensión vai en proporción, dos escanos que obteñan no Parlamento.
– Para finalizar, asistiron, durante 15 minutos a un pleno, onde puideron ver como debatían os diferentes partidos.

VISITA REALIZADA Ó CENTRO DE TRATAMIENTO AUTOMATIZADO DE CORREOS

DÍA 30 DE OUTUBRO DE 2013

CORREOS2

 

 

O pasado 30 de outubro os alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas xunto cos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa fixeron unha visita cultural ó CTA de correos en Santiago de Compostela.

 

Era a primeira vez que o centro fixera esta saída tivo moito éxito, foi do agrado tanto dos alumnos coma dos profesores.
 

 

O CTA: é un centro de tratamento automatizado de correos. No de Santiago xestiónase o tratamento e a CORREOSclasificación do correo que entra e sae da nosa comunidade para o seu posterior transporte.

 

Para que vos fagades unha maior idea do que é o CTA está é a entrevista que lle fixemos ós alumnos:

 

1. ¿Gústovos a visita? ¿Foi interesante?
Si, a visita resultou moi interesante polo feito de ver o funcionamento interno da central de correos. Ningún coñeciamos o seu funcionamento.

2. ¿Como é o proceso que segue o correo?
Cando chegan as cartas divídense en tres seccións: paquetería, correo certificado e correo ordinario e sepáranse nas procedentes da oficina de correos e as procedentes de caixas de correo.
Unha das cousas que sorprendeu moito é a importancia do código postal, parece un detalle sen importancia pero ao non o poñer ou poñelo mal, rómpese a cadea de destinación e iso implica a intervención manual dun dos operarios, que ten que buscar nunha base de datos o código correcto, para que a carta volva ao percorrido e así chegue ao seu destino.

3. ¿Gustaríavos traballar no CTA?
Non, porque é un traballo moi monótono.

 

4. ¿Trato recibido na visita?
Foi correcto e educado

 

GE DIGITAL CAMERAGE DIGITAL CAMERA

En conxunto a única pega que lle poñen á visita é que o ambiente de traballo é moi ruidoso polo que era custoso seguir as explicacións do guía.

 

CM DE PANADERÍA E REPOSTERÍA

Aquí temos os exames finais de Sobremesas en Restauración.

Bo traballo rapaces!

IMG_20140313_122659

IMG_20140311_101825

 

IMG_20140311_115722

IMG_20140311_123833IMG_20140311_124235

 

IMG_20140311_124600

IMG_20140311_125147

 

IMG_20140311_125611

IMG_20140311_130129

IMG_20140311_130850

IMG_20140311_131904

 

 

IMG_20140311_132232

IMG_20140311_132726

 

IMG_20140311_133413

IMG_20140311_134819

 

 

 

 

 

 

IMG_20140311_135328

IMG_20140311_135958

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURSO XAVIER BARRIGA “Novas Tendencias en Panadería”

DSC_0027

O pasado 25 e 26 de marzo o mestre panadeiro Xavier Barriga impartiu na escola un curso sobre Novas Tendencias en Panadaría.

 

P1040854

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


O curso dirixido a profesionais e alumnos foi todo un éxito. Xavier realizou unha ducia de pans artesáns entre os que destacaron a chapata con biga, o pan galego con masa nai natural e fariña do país, pan de centeo integral con froitos secos ou unha masa de bolo de manteiga coa que formou infinidade de pezas distintas.

DSC_0050

 

 

 

 

 

 

 

 

Explicounos tamén os métodos de panificación con aplicación de frío e os distintos tipos de masas nais e a súa conservación.
A verdade quedamos fascinados co seu bo facer, a súa delicadeza ao tratar as masas e a tranquilidade e cariño que poñía ao traballar.
Esperamos volver telo pronto na escola.

DSC_0073

DSC_0075

 

O CHOCOLATE MÁIS EXPRESIVO…

                 Os alumnos do Ciclo de Panadería e Pasteleria de II curso teñen exposto no centro o seu proxecto de chocolate artístico. Esta actividade enmárcase dentro do temario do módulo de ECONF e trátase de poñer en marcha unha peza de chocolate aplicando as diferentes técnicas estudadas no teoría do módulo. Este traballo ten a opción de facelo de forma individual ou en grupo.

 


Ninguén como os propios protagonistas para contarnos como fixeron o seu proxecto, cal foi a súa inspiración:


ANA:

O meu traballo individual e trátase dunha caravana feita en con combinación de chocolate branco, negro e chocolate plástico. A idea que buscaba era encontrar unha peza rechamante, divertida e que representase de forma simbólica a miña vida dende o inicio ata as metas de futuro mais próximas.
O asento representa o meu inicio ,y vai crecendo comigo á vez que lle chego ao volante para dirixir a miña vida ,en os asentos traseiros van os meus recordos pasados que iran comigo ata o final da mesma ,el futuro esta reflectido nos faros dianteiros e o meu selo q represénteo ,cada persoa e vivencias importantes son as que decoran a miña vida en forma de flor.
COIDADO QUE VOI A TODA CANA , ¡A VIVIR A TODA PRÉSA ¡

 choco ana

 

DIEGO E ISAAC


O noso traballo parte dunha idea de traballo en equipo na que os dous achegamos personalidades moi distinta pero que unidas complementan moi ben. Por unha lado Diego ten un carácter no que predomina o inmediato, a axilidade mentres que Isaac é moito máis tranquilo pero igual de ilusionista e que goza do que fai.

 choco diego isaac


CELSA


O meu traballo representa o paso da vida…Naces, creces, formas a túa propia familia e educas os teus fillos que pouco a pouco se desprenden e independizan…todo isto valo levando cun equilibrio e harmonía pero o fundamental para logralo é o amor que fará que todo iso sexa moi belo.

 choco celsa

MAIKA


O meu proxecto é unha homenaxe á maternidade, a esa dedicación e amor co que os nosos pais nos profesan e que nós profesamos cando chegamos a ser pais.
Con isto non pretendo idealizar estas relacións ás veces complicadas como a vida misma…e é aí a orixe do dragón no meu proxecto que representa ese equilibrio e regras necesarias par que todas estas relacións prosperen….

choco maika

ESMERALDA E SARA


O noso proxecto é unha caixa de música, que nos recorda á infancia. A bailarina é negra a favor da non discriminación.

choco esmeralda y sara

ROCIO

O meu proxecto consiste nunha homenaxe a ou personaxe que admiro..Bob Marley…por a súa música, pola súa xenialidade, cultura e por crear unha forma de vida…

choco rocio

ALBA


O meu traballo en chocolate é unha composición:
Nai e fillo: representa o amor altruísta.
Che: O corazón revolucionario.
Árbore: A árbore da vida..
Careta: Recordo de Cuba…mi infancia… regalo dun ser querido.

choco alba

CRUZ


O mundo nos meus manos…una alegoría ao esforzo do traballo conseguido…cualquier sono chega con esforzo e ganas…

choco cruz

YLENIA E JESÚS


O noso traballo foi en equipo e é unha homenaxe á sétima arte o cine…a fotografía…porque a ambos nos dous gústanos e identifica.

choco ylenia y jesús

BÁRBARA

O meu proxecto son unha matriuscas…muñecas rusas con acento galego…

choco bárbara

TANIA


Eu fixen un mono en chocolate con aires de
moderno…pola miña paixón polos animais…

choco tania

 

SERGIO E ARANCHA


O
noso proxecto está inspirado nunha serie de piares que manteñen as nosas vidas en plena harmonía. Cada uns dous piares da casa determinan a forza que imos adquirindo a medida que se nos presentan adversidades, cada un dous arcos do redor significan as coirazas que temos debido ás persoas que nos decepcionaron. O buda representa a tranquilidade e a paz que nos proporcionamos mutuamente nos os dous. O xardín coa area e o anciño, representa as cargas que imos arrastrando na nosa vida de maneria que deixamos todo ou malo non pasado. O noso proxecto está inspirado na nosa vida, nos avances, as perdas, as forzas e as debilidades que se presenta ó longo de toda esta etapa.

choco sergio arancha

 

xantar_2014_1Os alumnos da rama de pastelería visitaron Xantar, unha feira gastrónomica que cada ano ten máis impulso no sector do turismo, hostalaría e promoción da gastronomía galega, posto que esta é a seguna segunda motivación que elixen os turistas para visitar Galicia. Isto supuxo a orixe de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa decimoquinta edición e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

En 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse arredor dunha vintena de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo. Cociñas e salas de comedor ofrecen unha espectacular imaxe grazas á coidada decoración e elaboración dos pratos.

XANAT

Ademais da promoción da gastronomía, Xantar é tamén o punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto feiral, o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos promovidos por organismos públicos (concellos, deputacións, padroados de turismo, etc.) que acoden a esta cita procedentes de toda España e Portugal.

Tanto para profesionais como para público en xeral organízanse actividades como conferencias, presentacións literarias, exposicións de arte, obradoiros didácticos, cursos de cata e degustacións gratuítas, entre outras moitas.

Para os nosos alumnos sempre e unha oportunidad de coñecer novos productos, participar de talleres onde aprender técnica e tendencia e en xeral valorar a nosa gastronomía.

FÓRUM GASTRONÓMICO

DE A CORUÑA

FORUMjpg

 

Con motivo da celebración do Forun as profesoras da área de pastelaría participaron da xornada de onte deste evento tan importante para a gastronomía e que tan ben se resume no seguinte artigo..
A mestría de Juan Mari Arzak, os Premios Condimento e a cociña del celler de can roca, Tíckets, Pakta, Nerua ou Kabuki formaron parte do programa do martes
O Fórum da Coruña volveu rexistrar un cheo nas súas actividades e na feira. No Auditorio púidose seguir a Josean Alija (Nerua) afondando na esencia e a cociña do mar; a Jordi Roca presentando as sobremesas del celler de can roca na súa tempada 2014; ou a Ricardo Sanz (Kabuki), mostrando o corte e preparación do peixe na cociña xaponesa.
A Aula Activa do Fórum contou con sesións de David Gil e Francisco Agudo, que ensinaron as tapas de Tickets, elBulli de barrio de Albert Adrià, e Jorge Muñoz (Pakta) quen mostrou a súa cociña nikkei con base en Barcelona.
Nos talleres houbo sabor a Mediterráneo con Ricard Camarena; á Ría de Arousa con Javier Olleros (Culler de Pau) e á cociña galega de Iván Domínguez e Manuel Costiña (RetiroCostiña).
Fórum Doce contou tamén coa presenza de Marco Leone (Coure) e o FórumVino cos expertos sumilleres Xoán Cannas, Luis Paadín e Juan Muñoz.

web-fórum-529x300

En referencia aos premios, os gañadores do concurso de receitas Ouro Doce con Mel de Galicia foron Eloy Cancela (Proxecto Garum, Santiago) e Jesús Chaos (categoría de estudantes) os que mostraron as súas creacións no escenario principal.
Nesta última xornada entréganse tamén os Premios Condimento do Fórum Gastronómico, que recoñecen a traxectoria profesional de profesionais e empresas galegas do sector. Nesta edición os galardoados foron o santiagués Pedro Roca na categoría de cociña; Milagres Ramallo (Casa Ramallo, Rois), en sala; Horacio Fernández (Godeval, D.O. Valdeorras), en viños a título póstumo; a escritora Helena Villar Janeiro, na categoría de cultura; e Conservas La Pureza (Cariño), na categoría de produto.
Tras os Premios Condimento chegará a última sesión do Fórum Coruña 14, que será un emotivo percorrido aos “clásicos innovados” do mestre Juan Mari Arzak. Xusto antes de empezar a sesión que clausurará esta primeira edición en Coruña, haberá unha pequena homenaxe ao recén falecido Pedro Arregui, pai de Aitor Arregui.

 

SHOWCOOKING

 

As profesoras da área de Pastelería realizaron un showcooking ,en Alipa cociñas, tendas de deseño e espazos de cociña, onde os clientes foron protagonistas da elaboración de pratos de cociña tradicional empregando a última tecnoloxia: fornos de vapor, tepanyaki, etc

Este tipo de actividades forman parte dun proxecto moi innovador para dar a coñecer técnicas empregadas con novas tecnoloxias aplicadas na cociña.

Os pratos elaborados nesta ocasión:

 

Baozi (Bollitos chinos) rellenos de carne y especias.

 

Consomé de Ave.

 

Papillote de trucha asalmonada y cítricos.

 

Magret teriyaki /  mango tepanyaki .

 

Crema de leche de cabra con coulis de zanahoria.

 

CATA ORGANOLEPTICA VALRHONA

charla chocolate Valrhona 034

charla chocolate Valrhona 019

 

Os alumnos de Pastelaría participaron do curso de cata de chocolates Valrhona. Impartido por Daniel Hughes, técnico de cata e representante da prestixiosa marca de chocolates francesa.


Comezamos cun percorrido polas principais plantacións dos cacaos cos que se elaboran os mellores Gran Crus da marca.
Seguidamente fixemos repaso de todos os procesos polos que pasa o cacao, para rematar facendo a práctica de degustación.


Os alumnos gozaron tanto do nivel de coñecemento técnico coma da experiencia e do descubrimento da ampla gama de matices e sabores destes chocolates.

 

 

OBRADOIRO DE PASTELERÍA “IRKA”

curso irka027curso irka 014

 

Este mes tivemos na Escola un curso técnico de Hostalaría ofrecido polo noso distribuidor Disfrigo e a marca de produtos de Pastelaría Irka.

O Curso tivo como contido a elaboración de tortas con base biscoito turróns de chocolate pralinés e roscón de chocolate.

Este tipo de cursos facilitan que vos alumnos coñezan vos distintos tipos de produtos e mix que se comercializa e que en moitas ocasións facilitan ás tarefas de produción.


O profesor técnico do curso foi Ricardo GonÇalves que fixo unha elocuente e maxistral demostración de técnica e facer.


Tanto os alumnos do Grupo I coma do Grupo II gozaron dunha boa tarde de práctica e degustación de novos produtos de Pastelaría
.

 

VOLVER Ó PAN DE ANTANO

masamadre

 

1Como cada ano, os alumn@s de primeiro curso de panadería  remataron o seu proxecto:

“Realiza a túa propia masa nai “. Cada alumno logrou crear o seu propio fermento natural, co que realizarán panes de calidade durante todo o curso, e se queren  durante toda a vida.

 

(1)

A masa nai é un cultivo simbiótico das levaduras presentes de maneira natural en alimentos. Para obter masa nai (a levadura non se fai nin se fabrica, xa que está presente no  ambiente) hai que capturar os microorganismos presentes no aire.

Para a súa elaboración necesitaron 15 días, días de especial dedicación, por que este “milagre” só se consigue cun máximo control dos ingredientes e das temperaturas.

A partir de agora só queda alimentala cada tres días para que non morra….ÁNIMO RAPACES!

ESTHER_4624

 

CHOCOLATE 

 

Os alumnos de segundo curso de Pastelaría presentaron a exposición sobre o chocolate. Este traballo enmárcase dentro do módulo de ECONF.

choco4

O obxectivo é facer un traballo grupal sobre a historia e a producción do chocolate.
A primeira parte tratou sobre a orixe e historia do cacao e expúxoo Celsa e Ana facendo un percorrido dende os Aztecas ata o que coñecemos na actualidade como chocolate.
Sobre o cultivo e botánica deunos unha ampla e traballada exposición Maika que nos aclarou que é o cacao: un vexetal que se cría na franxa terrestre que está comprendida entre os dous trópicos.

 Sobre o proceso de elaboración participaron Arancha e Bárbara explicándonos o proceso de recolección e fermentado; para iso explicaron como é a recolección, apertura da mazaroca, fermentación destas, que se fai ao aire libre e moitas veces a pé de árbore.
Esta é unha fase importante na calidade final do aroma do chocolate xunto co lugar onde se produciron as sementes, é dicir a composición do chan. As últimas tres fases: o secado, o toste na fábrica e o aconchado daránnos os aromas finais dun bo chocolate, uns 400, dos que o padal humano é capaz de detectar uns 80, por suposto por padais adestrados e cultivados.
Nos chocolates o aroma é o máis volátil e podemos encontrar aromas de améndoa, regalicia, froitos secos tostados, améndoa, arandos, pan quente, flor de xasmín e laranxa.

 

clip_image0023 O primeiro que detectaremos é o gusto, se son doces, amargos, ácidos ou astrinxentes.
A fermentación é diferente segundo o tipo de cacao, para un criollo 2 días e se é un forasteiro 9 días. A fermentación ten dúas fases, a primeira é un a fermentación alcohólica e a segunda é unha fermentación ácida doe do alcohol transfórmase en vinagre. Nesta fase as sementes alcanzan ata 67º C. e o olor é forte a ácido acético. O lavado e secado expúxoo Sergio e Xesús que nos explicaron que unha vez que se fixo a fermentación se deben de secar as sementes ao sol, normalmente é unha operación que fan as mulleres movendo cos pés as sementes, é ao que se denomina a danza do cacao. Cando empeza o secado as sementes teñen unha humidade do 70% e esta queda reducida a un 7%.
Unha vez secadas as sementes lústranse antes de poñelas en sacos de 60 quilos.
e a moenda e separación foi traballo de Diego e Isaac que a modo resumo podemos dicir: Unha vez tostadas as sementes arrefríanse rapidamente para que non haxa un sobre toste.
A continuación descáscase e machúcase a améndoa para obter o Crué ou Nibs.
A cascarilla non ten valor alimentario, os Nibs, son o resultado da primeira trituración das améndoas de cacao, é moi amargo e astrinxente en boca, pero moi aromático. Despois de ter o frío de cacao e unha vez frío prénsase para separar a manteiga de cacao, polo outro lado obteremos cacao en pó sen manteiga ou graxa de cacao, o cacao en po sofre moito. Logo no aconchado, fase que a pasta de chocolate pasa por rolos que xiran en sentido inverso uns doutros ata deixala cunha fineza de 15 micras, o usual noutros chocolates esta medida é de 26 micras.
Tamén durante o aconchado o chocolate perderá acidez, redondeásese e tomará pouco a pouco o seu carácter. A temperatura e duración do aconchado determínaas o mestre chocolateiro para cada variedade que desexe facer.
A manteiga de cacao ten a característica que se funde aos 34,2º C. e é totalmente insípida.

        choco mundoLorena expúxonos como está repartida a producción mundial partindo de que a producción de cacao se foi estendendo cara a América do Sur, logo salto a África e por último ao sueste asiático.
Hoxe en día a producción de cacao está distribuída nun 69% en África, un 18% no Sueste Asiático e un 13% en América.
A producción de coberturas tratárono Sara e Esmeralda dunha forma moi amena e gráfica.
Alba explicou a operación do temperado e o moldeado, son as últimas etapas da elaboración dun gran chocolate.
Co temperado permite ao chocolate cristalizar dun xeito estable e brillante.
Lua e Cruz tocoulles explicarnos sobre o clasificación dos, Grans Crus, das principais marcas comerciais, ademais dos beneficios que achega o consumo de chocolate.

Orballchoco contounos os ingredientes do chocolate que resumimos en que, o chocolate negro temos 1% de vainilla e lecitina, o 29% sería azucre, 63% licor ou pasta de cacao. Deste 63% un pouco máis da metade é manteiga de cacao natural que ten a semente. Ás veces e segundo o tipo de chocolate que se requira adóitaselle engadir manteiga de cacao. Os chocolates brancos non se deben denominar deste xeito xa que non son chocolate, o único que teñen é leite, manteiga de cacao e azucre, non teñen nada de extracto seco de cacao.


Como conclusión podemos dicir que os alumnos se implicaron moito facendo deste traballo unha boa achega e coñecemento sobre este mundo tan cativador que é o CHOCOLATE.