ARTIGOS CURSO 2012-2013

CONVIVENCIA FIN DE CURSO

O pasado xoves, día 27 de xuño, os alumnos e profesores do Centro de Formación Profesional “A Cancela” celebramos, como todos os

anos, unha xornada de convivencia.

 

Animados polo inicio das vacacións e o traballo ben feito, alumnos e profesores percorremos a ruta das Fontes de Tortoreos. É un traxecto sumamente atractivo que nos permitiu visitar as fermosas fontes da Parroquia, moitas delas restauradas recentemente pola Comunidade de Montes Veciñais de Tortoreos

 

 

 

CLAUSURA DE CURSO NA CANCELA

Cándido Barros, representante da devandita comunidade, ofreceuse amablemente a facer o percorrido connosco e explicarnos o valor dos mananciais da parroquia, así como da auga, elemento imprescindible e tan presente en Galicia.

A xornada continuou cunha comida no noso centro e para finalizala tivemos a oportunidade de asistir a unha charla, impartida por D. Manuel Lamas Estévez  sobre a historia do edificio onde se sitúa a nosa escola – que constitúe o patrimonio histórico máis emblemático de Ás Neves – e o legado da Marquesa do Pazo de la Merced á Parroquia de Tortoreos.

O pasado día 14 de xuño celebramos a clausura de curso 2012-13; os actos consistiron nunha Sta Misa que dixo D. Manuel na preciosa capela da EFA, asistiron bastantes familias, alumnas e “profes”, logo fómonos ao auditorio do Concello o salón “Vázquez Portomeñe” onde se desenvolveron as actividades programadas para a ocasión, coa asistencia de personalidades como a DIRECTORA XERAL DE TURISMO,Dª NAVA CASTRO, ALCALDES DA ZONA COMARCAL “A PARADANTA-BAIXO MIÑO, PRESIDINDO O ACTO O ALCALDE DA LOCALIDADE DAS NEVES D. RAUL EMILIO CASTRO.IMG_0090
Os actos consistiron en intervencións das autoridades, incidindo sobre todo no tema do emprego, a profesionalidade dos alumnos que se graduan, e a necesidade de educarse en valores para que a sociedade progrese, intervindo tamén un empresario, ( empresa Darlin). A proxección dun video sobre as actividades realizadas durante o curso, e as palabras de apoio e ánimo aos que se graduan da directora do Centro, así como o convite de Ana Durán como membro da Asociación de antigas alumnas a que a nova promoción se anime a seguir connosco como membro da asociación, e tamén co convite da directora a que sigan volvendo á EFA, porque esta é a súa “casa” finalizando o acto coas palabras da Directora Xeral de turismo, Dª. Nava Castro, que destacou na súa intervención o labor que se está a realizar dende esta Escola de Promoción do Medio rural. Para finalizar, serviuse un aperitivo-buffet na EFA, que como sempre estivo espectacular na presentación como se pode apreciar polas fotos e na degustación, que estaba todo bo e que como sempre foi elaborado polos alumnos do ciclo de Repostaría, Pastelaría e Panadaría. Que cousas tan boas e bonitas facedes
FELIZ VERÁN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SUBIDA A FRANQUEIRA (RUTA DOS FRADES)

 

O pasado venres 24 de maio os alumnos e profesorado de A Cancela subiron en romaría pola ruta dos    frades ao Mosteiro de Santa Mfranqueira 008aría de A Franqueira. Este Mosteiro (Municipio de A Cañiza) atópase nas terras altas do sureste da provincia de Pontevedra, no corazón dos Montes de A Paradanta.

Tras a camiñada tivemos unha misa e despois unha comida ao aire libre, disfrutando das espectaculares vistas. Para amenizar a sobremesa unha das profesores tocou a gaita acompañada por un alumno que tocaba o tambor; un rato moi agradable para rematar a xornada.

 

 

 

 

 

 

 

Visita a empresa STAR

O martes 21 de maio, o  C.S. de Administración e Finanzas fixemos unha visita a unha empresa de Tui STAR S.L., recibiunos Luís Prados Anaya, xefe do departamento de RRHH e Cristina Correa, antiga alumna do noso centro e empregada da mesma empresa.

Tivemos unha charla-coloquio sobre  SELECCIÓN DE PERSOAL , indicándonos puntos a tratar para elaborar o curriculum vitae e a carta de presentación de forma correcta, ademais deunos pautas que se deben ter  en conta cando asistimos a unha entrevista de traballo, destacando  os puntos máis fortes nos que se fixa un seleccionador . O alumnado participou facendo  preguntas  relacionadas ca selección de persoal e en todo momento estivo moi atento as indicacións

 

XUNTANZA DE EXALUMNOS

O pasado domingo 12 de maio fíxose un encontro nas instalacións do Centro de alumnado de anteriores anos.

Nesta xuntanza houbo unha charla-coloquio sobre “ALTERNATIVAS DE EMPREGO” impartido por unha exalumna Ana González, centrándose no autoemprego e concretamente no aproveitamento dos recursos do medio: agricultura e forestal.

Tamén se informou das actividades e proxectos que se levan a cabo actualmente para dinamizar a comunicación entre antigos alumnos: creación do blog e do facebook de uso exclusivo de antigo alumnado.

Dentro da Asociación Efa a  Cancela, creouse outra de antigos alumnos co seguinte slogan: “A FORMACIÓN CONTINUA CON NÓS”  cos obxectivos que se citan a continuación:

–         Crear vínculos estables entre todos os seus compoñentes.

–         Fomentar a realización de actividades de formación e promoción profesional e social.

–         Axudar e facilitar o acceso ao mercado laboral.

Tamén quedamos de crear unha comisión para traballar e intentar conseguir os obxectivos anteriores e que esta Asociación sexa algo vivo.

MEMORIA VIAXE A MADRID

Os alumnos de CM de Xestión administrativa e de CS de Administración e finanzas, xunto con alumnos de Panadería, disfrutamos dunha viaxe a Madrid entre os días 8 e 11 de Abril. A finalidade desta viaxe era visitar e coñecer distintas empresas relacionadas con o sector profesional no que se van a desenvolver nun futuro próximo. Pero ademáis diso tamén houbo tempo para gozar.

O luns día 8 saímos da escola camino de Madrid, cunha pequeña parada dunhas horiñas na cidade de Segovia para comer e poder visitar esta preciosa cidade histórica. Cerca da noite chegamos a Madrid e, despois de dar un pequeno paseo polo centro, cenamos todos xuntos no Hard Rock Café.

O día seguinte todos os grupos fomos a visitar a Feria de Gourmets no IFEMA. Aquí poidemos ver como as empresas de distintos sectores expoñían os seus productos en diferentes espositores e poiedemos gozar e degustar os diferentes productos que nos ofrecían.

Pola tarde o noso grupo fomos a visitar ao Defensor do Povo, papel representado por Soledad Becerril.  Nesta visita una funcionaria do Defensor explicounos moi ben cales eran as funcións desta institución, como estaba organizado e cales eran os trámites a seguir para facer una reclamación.
Posteriormente ensináronnos as instalacións, ademáis de explicarnos a historia
do palacio onde está asentada esta institución.

Unha vez rematada esta visita fixemos unha ruta polas principais rúas de Madrid, para, máis tarde encontrarnos co resto dos grupos e cenar pola zona da Praza do Sol.

O mércores pola mañá fomos visitar o Senado, onde puidemos ver como se desenvovia un pleno. Curiosamente estaban a falar das reclamación propostas polo Defensor do Povo do ano anterior.

Unha vez rematada a visita fomos andando ata o Palacio Real, onde podemos disfrutar do cambio de guardia da Guiardia Real e posteriormente fomos visitar o palacio Real por dentro.

Despois de comer co resto do grupo, fomos a visitar a Cidade Financieira do Banco Santander. Alí estabanos a esperar unha guía que nos ensinou todas as instalacións das que conta nunha gran maqueta que teñen no edificio principal e despois fixemos unha pequeña ruta en autobus onde poidemos ver os edificios anteriormente comentados.

Finalmente, pola noite fomos a gozar do tempo libre e cenar no centro comercial Xanadú, as aforas de Madrid. Este centro, ademáis de tendas e restaurantes, dispon dunha pista de cars, patinaxe e esquí artificial.

O xoves, o último día de excursión, pola maña fomos dar un paseo polo parque do Retiro e a continuación fomos a visitar a Bolsa de Madrid. Neste caso tamén nos esperaba unha guía que explicou moi ben a todo o grupo a historia do edificio onde se encontra a Bolsa e
postriormente, podemos baixar ao recinto onde se compraban e vendían as acción.
Aquí a nosa guóa nos explicou a función e mecánica desde institución, asi como a información que vai aparecendo nos distintos paneis.

Unha vez rematada esta visita encontramonos co resto do grupo e comemos todos xuntos, para, por último, coller o autobús e virnos de volta para a nosa escola.

VIAXE A MADRID 2013

Os alumnos do ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría, participaron con moita ilusión
nesta viaxe, tanto o grupo de Panadaría I como os do II, gozamos, compartimos e aprendemos un montón desta semana por Madrid porque esta viaxe axuda a cambiar un pouco a rutina dos nosos alumnos e abre  unha ventá de posibilidades profesionais, de  novas formas de traballar,  é un impulso para emprender ideas de negocio nun futuro.

E a nosa viaxe profesional comezou por:

FEIRA GOURMET  2013:

O Salón de Gastrónomos é o principal evento europeo dedicado aos produtos delicatessen, a plataforma axeitada das firmas de calidade do sector agroalimentario e dos seus procesos de innovación. O grupo de Pastelaría pasamos un día completo na feira e participamos dos seguintes talleres:
-Gastrónomo tapa
-I Campionato de España de tapas
-Tunel de froitas e verduras GOLD GASTRÓNOMO.
-XIV Campionato de España de cociñeiros.
-Gastrónomo Queixos
-Tunel dos aceites.

A valoración da feira moi positiva, asistimos ao Campionato de Pastelaría, vimos as pezas artísticas a base de chocolate e azucre. Visitamos os diferentes postos, coñecemos novos produtos e empresas innovadoras do sector. Asistimos a varios talleres, catas etc

FARIÑA MADRID

Panadaría artesá. Un concepto novo de panadaría e cafetaría en pleno centro de Madrid. O que máis nos gustou foi o  bo gusto na decoración do establecemento en tons brancos, nos que destacaba as cores produto e ao mesmo tempo daba sensación de limpo, tranquilo e coidado.

A aposta por produto de alta calidade nas materias primas que utilizan e o carácter artesán das elaboracións déronnos moitas pautas como exemplo de negocio no campo da panadaría.

11:30.MOULIN CHOCOLAT

Moulin Chocolat non é unha pastelaría calquera. O cacao é o protagonista na maioría dos seus produtos, o que fixo deste lugar unha das referencias da cidade neste campo. Ao mando do leme encóntrase Ricardo Martínez, mestre pasteleiro que se formou en Francia e este dato está representado no estilo que marca este establecemento.

Trátase dunha pastelaría refinada e dunha calidade excepcional. Como produto estrela o Macarron…de todos os sabores e cores que nos fixeron sorprenden xa á chegada ao escaparate.

VISITA MERCADO SAN MIGUEL
Como estar en Madrid e non facer unha parada obrigatoria ao Mercado de San Miguel.. lugar cheo de sabores incribles onde degustar as mellores materias primas ou comprarse as mellores froitas, carnizaría selecta, etc.

TERRAZA CASINO

A Terraza do Casino”, conta co asesoramento de Ferrán Adría a través do cal a cociña deste
establecemento se converteu nunha das máis innovadoras do sector hostaleiro-madrileño sen perder, por iso, a súa brillante tradición: o sinxelo pracer que nos dá o desfrute dunha boa mesa nunha cidade inmensa e acolledora. Esta é o convite que lle ofrece o Casino de Madrid aos amantes da alta restauración culinaria.

Valoración moi boa. Un sitio espectacular, ensinounos por dentro todo o edificio, os salóns, a biblioteca, así como o taller de Paco Roncero.

CLUB ALLARD

Inaugurado en 1998 como club privado, o Club Allard conserva o seu aire selecto, dende que en 2007 se abriu ao público xeral. A partir de entón, erixiuse nun dos templos gastronómicos máis importantes de Madrid.

Un restaurante espectacular, atendeunos a directora Tinuca Maestro, tras ver a sala subimos a cociña onde o xefe de cociña Diego Guerrero nos explicou o funcionamento
deste, o seu concepto de cociña e as claves para chegar ao máis alto.

Esta última visita foi unha inxección de motivación e ganas por gozar co que facemos no noso traballo.. un impulso por conseguir chegar a onde esteamos dispostos.

Podemos dicir que este só foi o resumo da parte profesional. Quédasenos no tinteiro, e como non, no recordo moito máis: As comidas xuntos, a convivencia, as camiñadas por Madrid, o Prado… e unha morea de gratos e bos momentos.

 

A EFA A CANCELA na Feira do Requeixo  e  do Mel
A CANCELA, este ano  participou   na   XXII FERIA do REQUEIXO E DO MEL, en  As
NEVES.
Os alumnos  do ciclo de Administración e Finanzas , asistiron   a unha  xornada  programada para o día   26   de marzo   “ PROXECTOS  DE EMPREGO  NO ENTORNO RURAL”.co obxectivo  de promoción do emprego, mediante a presentación de proxectos ligados á produción  e comercialización de produtos gastronómicos.
O Venres  Santo  celebrouse  o Feira  do Requeixo e do Mel, unha festa  gastronómica  dos produtos autóctonos de gran calidade,  onde o prato estrela é o requeixo acompañado polo viño de Rubiós.
A EFA A CANCELA participou cun stan de produtos elaborados polos alumnos do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confitería como  marmelada de peras ao viño de Rubiós, mazá con canela, entre outras. E tamén monas de chocolate,  figuras de monecos de nenos como  a Hello kitty, o  Bart  Simpson.

 

 

Charla de formación: afrontando unha selección de persoal

O pasado día 3 de abril, mércores, houbo na escola unha charla de formación  de cara a
vindeira realización da FCT (Formación en Centros de Traballo) dos alumnos, foi impartida por unha experta no mundo da empresa e que actualmente e a xerente  dunha empresa de selección de persoal, Dª Ana Mª Borges. A sesión estaba dirixida tanto ao alumnado como  aos pais, e falou sobre todo do que un empresario de selección de persoal ten en conta á hora de  contratar a alguén para a súa empresa, onde non só   valorará a formación específica  senón  tamén a boa disposición  e as actitudes fronte o traballo que vai desenvolver e a convivencia cos seus compañeiros, e sobre todo a ética que hai
que practicar na empresa, en cada empresa en particular, e en  xeral en todos os ámbitos da vida de cada un.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMIDA EN FAMILIA

O pasado día 3 de abril celebramos na Escola a comida familiar da clausura do período de formación na Escola para os cursos de segundo ano dos tres ciclos (Repostaría, CM de Xestión e CS de A.e F.) xa que en breve van comezar o período de formación nas empresas.

Foi un acto moi entrañable, pois á vez que se notou o cariño e o sentimento de amizade que se forxa na convivencia do día a día na escola, se dá conta do bo facer e o desexo de agradar dunhos alumnos cara aos outros. Fixéronlles un detalle cada curso de 1º ós de segundo, os de Administración foron uns diplomas e os de repostaría uns gorros de xefe de cociña, en ambos os dous casos dicíanse algunha característica peculiar e agradable de cada un. Como cada ano a estas alturas e nesta celebración os alumnas acaban dando as grazas ao profesorado pola dedicación e o cariño na tarefa da formación. Nesta ocasión foi Dera, alumna de Repostaría, a artífice das palabras dedicadas ao profesorado.

A comida consistiu nun buffet elaborado polo profesorado e os alumnos da Escola e gozamos todos xuntos da comida e do entrañable acto.

INSERCIÓN LABORAL

Os días 20  e 21 de marzo tivemos , no centro , unhas  sesións sobre   inserción laboral para alumnos do curso segundo de Ciclo Superior de Admón. e Finanzas e do Ciclo Medio de Xestión Adminstrativa que consistiron  en : simulacións de entrevistas de traballo, vídeos demostrativos, charlas-coloquio…

Para facer as entrevistas de traballo contamos coa colaboración de Don Miguel Rodríguez Bartolomé (cazatalentos dunha empresa de selección de persoal), entrevistándose  con cada un dos alumnos para darlles pautas á hora de presentarse a unha oferta de emprego.

Visita ao obradoiro ERUNDINA

A visita ao obradoiro de la  Panadaría ERUNDINA, o pasado día do 14 de marzo realizouse cos alumnos de primeiro de Panadaría, repostaría e confeitaría.

É unha empresa artesanal de Porriño, con máis de 100 anos de profesión. Herdada das avoas. O obradoiro esta situada no polígono industrial dá Granxa onde realizan operacións de fabricación, distribución dos distintos tipos de produtos.

Entre moitos dos seus produtos está ala Bica galega, empanadas, pans de varios tipos. Pan conxelado e pastelaría variada.

O Empresario mostrounos as súas instalacións onde elabora os seus produtos de xeito
artesanal. Os alumnos realizaron moitas preguntas, interesados polo oficio e polos seus elaboracións.

Tamén nos explico unha actividade complementaria de CATERING a domicilio, a empresas, hoteis e particulares.

Visita de estudos a DARLIM

O pasado xoves 14, os alumnos de PANADARÍA, REPOSTARÍA E CONFEITARÍA visitaron la Empresa DARLIM, SL en Porriño, no polígono Industrial da GRANXA a actividade da cal é a distribución de maquinas, produtos e útiles de limpeza profesional, hixiene persoal e perfumaría Cuerver, 3 M, JOFEL, DUNI, TECNIGIENE…

É unha empresa familiar con máis de 30 anos de historias e líder en Galicia.

Os nosos alumnos percorreron as instalacións de 4500 m2 de superficie con capacidade de almacenaxe superior a 4000 palets e máis de 10.000 artigos en Stock.

Recibiron unha conferencia polo departamento comercial sobre a LIMPEZA nas Pastelarías e Panaderías. Os produtos de limpeza e a maquinaria industrial. Tamén sobre o sistema de Calidade APPCC.

Foi unha visita moi interesante, onde recolleron unha boa información como ampliación para os módulos de Seguridade hixiénica en industrias alimentaria (SHMA) e operacións de control de almacén en industrias alimentarias ( OCAIA).

CHARLA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E A SINATURA ELECTRÓNICA

O luns 4 de marzo tivemos no centro unha charla explicativa na cal un representante da
empresa Ofinemu tratou os diferentes aspectos que contempla a Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal: datos que poden pedirnos para efectuar unha xestión, cales están especialmente protexidos, que dereitos temos para acceder a eles, rectificalos e cancelalos, que función desempeña a Axencia de Protección de Datos, que actuacións se consideran infracción leve, grave ou moi grave, etc.

Tamén explicou forma breve os diferentes usos que ten a sinatura e o DNI electrónicos.

Participou alumnado dos seguintes cursos:

  • 1º e 2º do Ciclo Superior de
    Administración e Finanzas
  • 2º do Ciclo Medio de Xestión
    Administrativa
  • 2º do Ciclo Medio de Panadería,
    Repostería e Confitería.Rematada a parte expositiva, o alumnado tivo a oportunidade de preguntar dúbidas sobre os datos que figuran nas redes sociais, condutas que se consideran infracción, as vantaxes do uso da sinatura e o DNI electrónicos.

 

 

 

 

 

VISITA DE ESTUDOS A FRIVIPESCA CHAPELA, S.A.

O luns 18 de febreiro fíxose unha visita a  FRIVIPESCA CHAPELA, S.A.,  que pertence ao grupo PESCANOVA. Os cursos que participaron nesta actividade foron:

  • 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
  • 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

Esta empresa dedícase a elaboración de produtos de mar como: palitos de cangrexo, gula, muslitos de mar … e saen ao mercado coa marca PESCANOVA.

Ao chegar explicáronnos, en liñas xerais, as características da empresa, a importancia nunha empresa da boa organización e do traballo en equipo. Logo pasamos a ver a planta de producción, en grupos máis reducidos. Ensináronnos todo o proceso dende a materia prima ata o produto final envasado e embalado.

Ao alumnado gustoulle moito, estivo moi ben explicado por parte da empresa e en todo momento estaban interesados por saber máis datos da mesma.

 

 

 

 

CURSOS DE INFORMÁTICA E INGLÉS

O noso centro organiza dous cursos que terán comezo no mes de marzo: un curso de
informática e un curso de inglés – preparación de exames para obter título Cambridge. Ambos os dous cursos están abertos a todo tipo de alumnado, de dentro e fóra do centro e sen límite de idade. ¡Animádevos!

 

 

CHARLA DE SEGUROS

O pasado día 4 de febreiro tivemos no noso centro una tertulia sobre o tema de Seguros para os segundos de C. Medio de Xestión Administrativa e Superior Admón. e Finanzas. A persoa encargada de impartila, D. Enrique Méndez, acercounos a este complexo mundo:
casuística e problemática da vida real. Este alumnado ten que facer un pequeno proxecto sobre a creación dunha empresa, circunstancia que se aproveitou para resolver tódalas dúbidas surxidas no mesmo, así como aqueles detalles que se lles puideran escapar como poden ser as coberturas das distintas pólizas, a obrigatoriedade de algún seguro…

 

 

 

 

A EXPERIENCIA DUNHA COMERCIAL

Nada mellor que a experiencia real contada pola súa protagonista, para coñecer, en este caso como é o traballo dun comercial. Iso foi o que nos contou Dona Sonia López o día 30
de Xaneiro, unha profesional do sector da papelería e material de oficina.
Nesta tertulia o alumnado de segundo do C.M. de Xestión coñeceu de primeira man en qué consitía e cómo se preparaba o seu traballo, as cualidades para ser un bo comercial, programación do traballo diario, organigrama da súa empresa, formación continuada….

Resultou moi interesante, para o alumnado, comprobar dende a experiencia real as
peculiaridades e minucias do mundo dos comerciais.

 

VISITA AO PORTO DE VIGO

1º Curso de CM de Xestión Administrativa e 1º Curso de CS de Administración e Finanzas.

O pasado cinco de febreiro estes cursos visitaron o Porto de Vigo. Foi unha visita guiada polo Porto Pesqueiro, comercial (Muelle de Guixar) e por último a Área Portuaria de Bouzas.

Comezouse con un percorrido pola zona pesqueira, onde se visitaron a lonxa de altura, baixura e grandes peixes, zona de limpeza e empaquetado e distribución a camións. Presenciouse tamén unha subasta de peixe espada, e chamou a atención de que o prezo fora de máis a menos.

Unha vez que se rematou esta zona pesqueira foron ao porto comercial (Guixar); onde se poderon ver o gran número de contenedores alí almacenados para ser transportados, as distintas tipos de grúas segundo as mercadorías, os grandes bloques de granito,….

Por último, acudimos a terminal de transbordadores de Bouzas. Trátase dunha terminal especializada en tráficos de carga e descarga por medios rodantes (tráfico Ro-ro) para lo que se dispón de cinco rampas para atraque de buques e unha superficie anexa de almacenamento descuberto de aproximadamente 350.000 metros cadrados, onde a maioría estaba ocupada por coches da marca Citröen. Esta superficie de almacenamento queda a veces pequena e tiveron que construír unha estructura metálica desmontable en altura (SILO de vehículos) e así non ter que recorrer a ampliación de superficie. En esta zona tamén se viu o Consorcio da Zona Franca de Vigo, onde se atopa o edificio Central do comercio, oficinas e naves de almacenamento das diversas industrias acollidas o réxime da Zona Franca.

Esta visita foi moi interesante para que o alumnado se dera conta da importancia que ten o Porto de Vigo no desenvolvemento da actividade comercial e económica de Galicia. Ademais facilitaron moitos datos que se descoñecían e que son de moito interese.

 

 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e grao superior – Convocatoria 2013

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 21 de xaneiro de 2013 a resolución pola que se convocan para o ano 2013 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e grao superior do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130121/AnuncioG0164-110113-0004_gl.html

Para mais información (inscrición para a proba, prazos, preparación … ) podedes chamar ao noso centro, ao número de teléfono 986 648 250.

 

A ARTE MÁIS DOCE…

Os alumnos do segundo curso do ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría elaboraron durante o primeiro trimestre un proxecto en chocolate.

Esta actividade está enmarcada no módulo de Especialidades e Acabados (ECONF) e a súa
finalidade era a de levar a cabo unha creación artística empregando chocolate. Para iso aplicamos a parte técnica de fundido e temperado dos distintos chocolates xunto coa parte artística que achegaron os alumnos.

Os traballos expostos son os seguintes:

Sheila e leticia:
Decidimos realizar este proxecto de carro de xeados por varios motivos.
Un deles fai referencia á nosa infancia xa que era unha época na que existía a venda de xeados pola rúa. Outro dos motivos débese ao proxecto empresarial que estamos a realizar neste curso, xa que se trata dunha xeadaría artesanal.
Tatiana e rebeca
O noso proxecto de chocolate é unha escultura irregular con forma piramidal composta de cadeiras de cores. Representa que cada un de nós podemos conseguir nosos obxectivos dedicando un pouco de tempo á reflexión.
Elisabeth e Judith
O noso proxecto é unha homenaxe a Tim Burton, porque ás dúas nos gusta o cine de medo e é o noso director favorito.
Camiño
O meu proxecto en chocolate partiu da idea de facer unha homenaxe a un humorista que deixo pegada en todas as familias, non podía ser outro que Gila. Para iso realicei un teléfono en chocolate branco e negro.
Alba:
Como proxecto final de chocolate decidín ambientalo no recordo da miña nenez… recordo no que xogaba no hórreo da miña avoa coa miña cadela TARA… E como homenaxe a esta fiel compañeira que leva ao meu lado 12 anos que é  a metade da miña vida…

Mª Jesus:
FRAXIL VERDADE, OU ANTOLLO DÁS PARCAS.
Este proxecto é unha crítica á obsesión e culto do físico e á aparencia exterior, esquecéndose de do realmente importante. Crecer como persoas, eticamente e intelectualmente…porque esta parte humana é a que nos vai acompañar ao longo da vida…
Porque a beleza física é un ben efémero.. que se deteriora co paso do tempo e nunca saberemos cando as PARCAS terán o antollo de cortar o fío da vida. As parcas, tanto na mitoloxía grega como a romana son deusas do destino. Tres mulleres cun labor cada unha: Arrefriar, tecer e cortar o fío. (Nacemento, vida e morte).
Deraisme:
RELOXO  FLORAL: SALOMÉ TEMPO DOCE.
Os puntos de referencia para a creación deste proxecto son:
1-Tempo: Escápasenos das mans sen decatarnos e se non o aproveitamos no seu momento hai volta atrás… cada minuto da nosa vida é importante…
2-.Estacións : Representan o positivo e o negativo que nos dá a nai natureza.
3-As tres datas do reloxo… que me fixeron ver que hai alguén por quen loitar que é o motor que lle dá luz á miña vida. O meu sol de verán, fermosa como as follas de outono, alegre como a primavera.. mimosa e chorona como o inverno…
Elvira
SAÍR DA CASCA…
O meu proxecto é unha mona cun parrulo saíndo da casca e é un aceno ás miñas compañeiras de clase para que saiban que se achega o momento de saír da casca… Ánimo compañeiras!

 

“A CANCELA” NADAL 2012

Achéganse unhas datas importantes que nos dan a oportunidade de pensar nos demais. No noso centro educativo, onde o que corresponde é educar e formar a todos os niveis, non podía faltar a educación na xenerosidade, na solidariedade, na colaboración cos que máis o necesitan, por iso durante todo este mes de decembro os nosos alumnos desenvolveron distintas actividades encamiñadas a espertar a súa conciencia nestes temas tan necesario nos tempos que corren:

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes: preparáronse unhas caixas grandes onde os alumnos e profesores foron depositando durante todo o mes de decembro alimentos e xoguetes e fixéronos chegar á concellaría de Asuntos sociais para ser repartirvos entre os nenos máis menesterosos.

Concurso de Beléns. Cada un dos grupos de alumnos, elaborou un Belén orixinal e realizado na súa totalidade con materias primas naturais de forma totalmente artesanal, algo que non foi doado pero que foi realizado con moita ilusión por parte dos nosos alumnos, colaboración e traballo en equipo, desenvolvendo estas destrezas tan importantes hoxe en día. O resultado foi sorprendente e os nosos alumnos viron o seu traballo premiado segundo as distintas categorías do concurso: orixinalidade, capacidade de organización, traballo en equipo….
Festa de familias. O pasado día 20 pola tarde tivemos a xa tradicional celebración de Nadal na nosa Escola. O Nacemento do fillo de Deus conmemorouse no salón de actos, adornado para a ocasión co Belén e a nosa EFA de chocolate do Nadal. Comemos turróns e outras delicias elaboradas polos alumnos de panadaría… tampouco faltaron os vilancicos interpretados con gran xúbilo polos pais, alumnos e profesores.

 

Visita ao Concello de As Neves

O pasado día 5 de decembro, os alumnos de “A Cancela” fixeron unha visita de tipo profesional ao Concello de “Ás Neves”. O obxectivo era ter un faladoiro co Sr. Alcalde en torno ao día da Constitución e tamén visitar algún departamento de interese para os alumnos de Xestión Administrativa e Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
En primeiro lugar, a técnico local do Concello recibiunos e informounos do departamento de Archivos, que tipo de documentación e o tempo dende o que se conservan documentos administrativos. O arquivo, que actualmente xa está a ser informatizado, encóntrase na parte baixa do Concello xunto coa biblioteca e puidemos ver algún dos documentos máis antigos que se conservan no devandito arquivo.
Posteriormente asistimos no salón de plenos a unha entrevista con D. Emilio Castro, alcalde de Ás Neves dende 2002, o cal comentou algún punto da Constitución e tamén actuacións da xestión do Concello. Os alumnos/ás fixeron preguntas variadas sobre aspectos da xestión e organización dos concellos que foron respondidas por D. Emilio.

 

NADAL SOLIDARIO

Nesta época Do Nadal o noso centro organiza dúas actividades solidarias. Co nome “Dade e recibide, un quilo un sorriso” iníciase a campaña de recollida de alimentos e xoguetes destinados ás familias necesitadas do noso ámbito. A devandita campaña estará vixente ata o día 20 de decembro. Pídese a colaboración de todos para facer que en Nadal ningunha familia careza de alimento e ningún neno quede sen xoguete. Serán benvidas
todas as achegas, sobre todo de alimentos non perecedoiros e leite.

 

Tamén, baixo o epígrafe “Un caramelo para Lola” continúase coa campaña de recollida de tapóns para Lola, unha nena da Coruña que sofre parálise cerebral, diagnosticada como leucomalacia preventicular, tipo de patoloxía que require de terapias e tratamentos moi caros.
Cun xesto tan sinxelo como é a recollida de tapóns podemos axudar a custear o tratamento médico de Lola e outros nenos da nosa comunidade que sofren enfermidades diagnosticadas como “raras” cuxo tratamento é a miúdo moi custoso.

Tanto os alimentos, coma os xoguetes serán recollidos no noso centro. ¡Animádevos a colaborar!

 

 

 

XORNADAS DE ENVOLVER

O ciclo medio de PANADARÍA, REPOSTARÍA E CONFEITARÍA II, asistiu a XIII Xornadas do envoltorio Artístico.

Visitamos a Empresa RETIF no Porriño, unha empresa de material de empaquetado, equipamento e de envoltorio. Presenciamos a xornada de envoltorio da man do decorador de Emilio González Peláez, unha demostración acerca das técnicas profesionais
e coñecementos en envoltorio dende as máis sinxelas ás últimas tendencias., conseguindo un elemento diferenciador que transmite un valor engadido ao lazo confitero.

Empaquetado de todo tipo de cestas, caixas, regalos, produtos irregulares, paquetería diversa….

As alumnas tomaron nota das técnicas, para que neste Nadal   poidan realizalas.

 

ACTOS DE HOMENAXE NO CENTENARIO DA INAUGURACIÓN DOS EDIFICIOS DO COLEXIO “VIRXEN DA MERCEDE”.

O pasado día 24 deste mes de novembro tivo lugar na Escola unha xornada de portas abertas, unida aos actos de homenaxe á Marquesa no centenario da inauguración dos edificios que a Fundación creada pola Marquesa do Pazo de La Merced, construídos para fins benéficos dos habitantes desta bisbarra.
A organización destes correu a cargo dunha comisión que presidía a Comunidade de montes de Tortoreos, e da cal participaban outras entidades, entre elas a nosa escola.
Tanto os actos relativos á homenaxe coma as visitas realizadas á escola, na xornada de portas abertas, desenvolvéronse nun clima de grande aceptación por todos os participantes. Podemos destacar a visita á exposición de fotos antigas dos primeiros tempos da Fundación onde, como era de esperar, as xentes que asistiran aos colexios, véndose identificado de nenos, se compracían dos recordos que lles traían as imaxes. Visitaron a Escola unha gran maioría de veciños, que se congratularon de reencontrase coas estanzas onde pasaran gran parte da súa infancia. Tamén asistiron ao acto unha representación da congregación de H.H. Franciscanos que nos seus comezos dirixían a educación no Centro.
A Misa, foi oficiada por D. Verísimo (párroco de Tortoreos), á cal asistiu un gran número de veciños, autoridades e familiares da Marquesa e o Vicario do Sr. Obispo da Diócesis de Tui-Vigo, que é o presidente do Padroado da Fundación. O descubrimento dunha placa conmemorativa dos cen anos, a Conferencia histórica sobre os edificios e a creación da fundación (a cargo de D. Manuel Lamas, historiador), así como a intervención das personalidades no acto foi de gran transcendencia e recoñecido merecemento polo público asistente aos actos.
Para finalizar obsequiouse os asistentes a un viño de honra que con gran despregamento e pericia foi elaborado polas alumnas da Escola, sendo moi comentado a profesionalidade e o bo facer desta escola no tema gastronómico.

 

PRIMEIRA CONVIVENCIA DO CURSO 2012/2013

Xa pasou máis de un mes e medio do comezo de curso e realizouse a primeira actividade para fomentar a convivencia de todos os cursos.

Esta actividade celebrouse o mércores, 31 de outubro a partir das 14 horas. Comezouse cunha comida no comedor do centro, unha sesión informativa sobre as accións de voluntariado na zona, un gran magosto e xogos.

O magosto é unha actividade que se fai no centro, para fomentar as festas tradicionais en Galicia. Fíxose unha gran fogueira e divertímonos cos xogos arredor do lume.

A participación foi magnífica por parte de todos os cursos, igual que o comportamento.

 

UNHA OBRA COLOSAL…

Os alumnos do CM Pastelería II, deron comezo a construcción da replica en chocolate da EFA. Esta idea xurdiu con motivo da homenaxe á Marquesa do Pazo de Mercé que cumpre o seu centenario.

Pouco a pouco vai tomando forma e salta a vista que está posto moito cariño, esforzo e dedicación neste proxecto. Felicidades os alumnos de Pastelería.

 

 

FALADOIROS TÉCNICOS

Curso 2012/13

O pasado 27 de setembro no noso Centro EFA ” A Cancela” tivemos unha faladoiro técnico co Empresario Manolo Gil, para o
primeiro curso de Ciclo  Medio de Xestión e o primeiro curso do Ciclo  Superior de Administración e finanzas. Os módulos implicados foron ou Tratamento de información de informática.

Explicounos  coñecementos sobre o soporte Físico o HARDWARE, é dicir todos os elementos mecánicos e electrónicos que o compoñen..

Realizou unha charla práctica con CPU (Unidade CENTRAL DE
PROCESO), mostrounos o circuíto tan complexo que ou forma, no seu interior: memorias, conectores para cables de datos, batería, rañuras de expansión conectores UBS, zócolo onde vai o ventilador, o procesador…

Charla coloquio cos alumnos na que participaron con preguntas e dúbidas..

 

 

MATRÍCULA CURSO 2012-2013

Queda aínda algúnha praza libre en C.Medio de Xestión Administrativa, C.M. Panadería, Repostería e Confitería e do C.S de Adminstración e Finanzas.

  • Servizo de Autobús dende Tui, Salceda e Salvaterra.
  • Autobús de línea regular dende Vigo, Porriño, Ponteareas e Arbo.

Anímate e ponte en contácto con nós!

 

 

VISITA DO BISPO Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL EFA A CANCELA.

Don Luis Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo acudiu esta semana a visitar a escola de Formación Profesional EFA A Cancela en Ás Neves onde participou dun día de convivencia coa comunidade educativa. Visitou as aulas dos Ciclos Formativos que se imparten da rama de Administrativo e de Pastelaría e Panadaría.

Tamén se celebrou unha comida con toda a comunidade escolar cunha representación dos pais, antigos alumnos e profesores. O alcalde de Ás Neves e o tenente alcalde do concello acudiron ao final da comida para saudalo e manter un breve encontro.

Durante o faladoiro o noso bispo nos trasmitiu a importancia que supón ter unha Formación Profesional de calidade, expuxo que a clave está en non perder a esencia do que somos e crer en todo aquilo que facemos.

Recordounos que a igrexa ten que evolucionar cos tempos nos que vivimos e deixar paso a nosos novos porque estes son o futuro e o campo da formación Profesional é un piar fundamental. Afirmou que o I+D+I dun centro educativo é saber mostrar as capacidades ou potencias dos nosos alumnos á profesión para que o resultado sexa a excelencia do traballo ben feito.

 

ACTIVIDADES DE ADMINISTRACIÓN

ANO 2012-2013

CONFERENCIA SOBRE OS DEREITOS DOS CONSUMIDORES E/OU USUARIOS

O 23 de maio Dna. Antonia Yánez, responsable da Oficina do Consumidor de Ponteareas (OMIC), estivo no centro para falarnos acerca de diferentes temas:

  • Os servizos que presta a OMIC e os diferentes organismos que nos protexen a nivel nacional e supranacional
  • Os dereitos que temos como consumidores e/ou usuarios
  • O proceso a seguir nas diferentes reclamacións e a documentación que debe aportarse
  • As vantaxes da arbitraxe de consumo
  • As garantías na venda de bens de consumo
  • Resolución dos diferentes casos plantexados polo alumnado.

 

Participaron os alumnos dos primeiros cursos dos CM de Xestión Administrativa e Pastelería e do CS de Administración e Finanzas. Resultou unha actividade moi interesante e motivadora dado que todos somos nalgún momento consumidores e/ou usuarios.

omic 007  omic 001

 

 

Visita a empresa STAR

O martes 21 de maio, o  C.S. de Administración e Finanzas fixemos unha visita a unha empresa de Tui STAR S.L., recibiunos Luís Prados Anaya, xefe do departamento de RRHH e Cristina Correa, antiga alumna do noso centro e empregada da mesma empresa.

Tivemos unha charla-coloquio sobre  SELECCIÓN DE PERSOAL , indicándonos puntos a tratar para elaborar o curriculum vitae e a carta de presentación de forma correcta, ademais deunos pautas que se deben ter  en conta cando asistimos a unha entrevista de traballo, destacando  os puntos máis fortes nos que se fixa un seleccionador . O alumnado participou facendo  preguntas  relacionadas ca selección de persoal e en todo momento estivo moi atento as indicacións .

star

 

 

MEMORIA VIAXE A MADRID

Os alumnos de CM de Xestión administrativa e de CS de Administración e finanzas, xunto con alumnos de Panadería, disfrutamos dunha viaje a Madrid entre os días 8 e 11 de Abril. A finalidade desta viaxe era visitar e coñecer distintas empresar relacionadas con sector profesional no que se van a desenvolver nun futuro próximo. Pero ademáis diso tamén houbo tempo para gozar.
O luns día 8 saímos da escola camiño de Madrid, cunha pequeña parada dunhas horiñas na cidade de Segovia para comer e poder visitar esta preciosa cidade histórica. Cerca da noite chegamos a Madrid e, despois de dar un pequeno paseo polo centro, cenamos todos xuntos no Hard Rock Café.

O día seguinte todos os grupos fomos a visitar a Feria de Gourmets no IFEMA. Aquí puidemos ver como as empresas de distintos sectores expoñían os seus productos en diferentes espositores e puiedemos gozar e degustar os diferentes productos que nos ofrecían.

Pola tarde o noso grupo fomos a visitar ao Defensor do Povo, papel representado por Soledad Becerril.  Nesta visita una funcionaria do Defensor explicounos moi ben cales eran as funcións desta institución, como estaba organizado e cales eran os trámites a seguir para facer una reclamación. Posteriormente ensináronnos as instalacións, ademáis de explicarnos a historia do palacio onde está asentada esta institución.

Unha vez rematada esta visita fixemos una ruta polas principais rúas de Madrid, para, máis tarde encontrarnos co resto dos grupos e cenar pola zona da Praza do Sol.

O mércores pola mañáfomos visitar o Senado, onde puidemos ver como se desenvovia un pleno. Curiosamente estaban a falar das reclamación propostas polo Defensor do Povo do ano anterior.

Unha vez rematada a visita fomos andando ata o Palacio Real, onde podemos disfrutar do cambio de guardia da Guiardia Real e posteriormente fomos visitar o palacio Real por dentro.

Despois de comer co resto do grupo, fomos a visitar a Cidade Financieira do Banco Santander. Alí estabanos a esperar una guía que nos ensinou todas as instalacións das que conta nunha gran maqueta que teñen no edificio principal e despois fixemos unha pequena ruta en autobus onde poidemos ver os edificios anteriormente comentados.

Finalmente, pola noite fomos a disfrutar do tempo libre e cenar no centro comercial Xanadú, as aforas de Madrid. Este centro, ademáis de tendas e restaurantes, dispon dunha pista de cars, patinaxe e esquí artificial.

O xoves, o último día de excursión, pola maña fomos dar un paseo polo parque do Retiro e a continuación fomos a visitar a Bolsa de Madrid. Neste caso tamén nos esperaba unha guía que explicou moi ben a todo o grupo a historia do edificio onde se encontra a Bolsa e postriormente, podemos baixar ao recinto onde se compraban e vendían as acción. Aquí a nosa guía nos explicou a función e mecánica desde institución, asi como a información que vai aparecendo nos distintos paneis.

 

Unha vez rematada esta visita encontramonos co resto do grupo e comemos todos xuntos, para, por último, coller o autobús e virnos de volta para a nosa escola.

 

CHARLAS INSERCIÓN LABORAL

Os días 20  e 21 de marzo tivemos , no centro , unhas  sesións sobre   inserción laboral para alumnos do curso segundo de Ciclo Superior de Admón. e Finanzas e do Ciclo Medio de Xestión Adminstrativa que consistiron  en : simulacións de entrevistas de traballo, vídeos demostrativos, charlas-coloquio…

Para facer as entrevistas de traballo contamos coa colaboración de Don Miguel Rodríguez Bartolomé (cazatalentos dunha empresa de selección de persoal), entrevistándose  con cada un dos alumnos para darlles pautas á hora de presentarse a unha oferta de emprego.

 

 

CHARLA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E A SINATURA ELECTRÓNICA.

O luns 4 de marzo tivemos no centro unha charla explicativa na cal un representante da
empresa Ofinemu tratou os diferentes aspectos que contempla a Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal: datos que poden pedirnos para efectuar unha xestión, cales están especialmente protexidos, que dereitos temos para acceder a eles, rectificalos e cancelalos, que función desempeña a Axencia de Protección de Datos, que actuacións se consideran infracción leve, grave ou moi grave, etc.

Tamén explicou forma breve os diferentes usos que ten a sinatura e o DNI electrónicos.

Participou alumnado dos seguintes cursos:

  • 1º e 2º do Ciclo Superior de
    Administración e Finanzas
  • 2º do Ciclo Medio de Xestión
    Administrativa
  • 2º do Ciclo Medio de Panadería,
    Repostería e Confitería.

Rematada a parte expositiva, o alumnado tivo a oportunidade de preguntar dúbidas sobre os datos que figuran nas redes sociais, condutas que se consideran infracción, as vantaxes do uso da sinatura e o DNI electrónicos.

 

VISITA DE ESTUDOS A FRIVIPESCA CHAPELA, S.A.

O luns 18 de febreiro fíxose unha visita a  FRIVIPESCA CHAPELA, S.A.,  que pertence ao grupo PESCANOVA. Os cursos que participaron nesta actividade foron:

  • 2º curso do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
  • 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

Esta empresa dedícase a elaboración de produtos de mar como: palitos de cangrexo, gula, muslitos de mar … e saen ao mercado coa marca PESCANOVA.

Ao chegar explicáronnos, en liñas xerais, as características da empresa, a importancia nunha empresa da boa organización e do traballo en equipo. Logo pasamos a ver a planta de producción, en grupos máis reducidos. Ensináronnos todo o proceso dende a materia prima ata o produto final envasado e embalado.

Ao alumnado gustoulle moito, estivo moi ben explicado por parte da empresa e en todo momento estaban interesados por saber máis datos da mesma.

 

CHARLA DE SEGUROS

O pasado día 4 de febreiro tivemos no noso centro una tertulia sobre o tema de Seguros para os segundos de C. Medio de Xestión Administrativa e Superior Admón. e Finanzas. A persoa encargada de impartila, D. Enrique Méndez, acercounos a este complexo mundo:
casuística e problemática da vida real. Este alumnado ten que facer un pequeno proxecto
sobre a creación dunha empresa, circunstancia que se aproveitou para resolver tódalas dúbidas surxidas no mesmo, así como aqueles detalles que se lles puideran escapar como poden ser as coberturas das distintas pólizas, a obrigatoriedade de algún seguro…

 

A EXPERIENCIA DUNHA COMERCIAL

Nada mellor que a experiencia real contada pola súa protagonista, para coñecer, en este caso como é o traballo dun comercial. Iso foi o que nos contou Dona Sonia López o día 30
de Xaneiro, unha profesional do sector da papelería e material de oficina.
Nesta tertulia o alumnado de segundo do C.M. de Xestión coñeceu de primeira man en qué consitía e cómo se preparaba o seu traballo, as cualidades para ser un bo comercial, programación do traballo diario, organigrama da súa empresa, formación continuada….

Resultou moi interesante, para o alumnado, comprobar dende a experiencia real as
peculiaridades e minucias do mundo dos comerciais.

VISITA AO PORTO DE VIGO

1º Curso de CM de Xestión Administrativa e 1º Curso de CS de Administración e Finanzas.

O pasado cinco de febreiro estes cursos visitaron o Porto de Vigo. Foi unha visita guiada polo Porto Pesqueiro, comercial (Muelle de Guixar) e por último a Área Portuaria de Bouzas.

Comezouse con un percorrido pola zona pesqueira, onde se visitaron a lonxa de altura, baixura e grandes peixes, zona de limpeza e empaquetado e distribución a camións. Presenciouse tamén unha subasta de peixe espada, e chamou a atención de que o prezo fora de máis a menos.

Unha vez que se rematou esta zona pesqueira foron ao porto comercial (Guixar); onde se poderon ver o gran número de contenedores alí almacenados para ser transportados, as distintas tipos de grúas segundo as mercadorías, os grandes bloques de granito,….

Por último, acudimos a terminal de transbordadores de Bouzas. Trátase dunha terminal especializada en tráficos de carga e descarga por medios rodantes (tráfico Ro-ro) para lo que se dispón de cinco rampas para atraque de buques e unha superficie anexa de almacenamento descuberto de aproximadamente 350.000 metros cadrados, onde a maioría estaba ocupada por coches da marca Citröen. Esta superficie de almacenamento queda a veces pequena e tiveron que construír unha estructura metálica desmontable en altura (SILO de vehículos) e así non ter que recorrer a ampliación de superficie. En esta zona tamén se viu o Consorcio da Zona Franca de Vigo, onde se atopa o edificio Central do comercio, oficinas e naves de almacenamento das diversas industrias acollidas o réxime da Zona Franca.

Esta visita foi moi interesante para que o alumnado se dera conta da importancia que ten o Porto de Vigo no desenvolvemento da actividade comercial e económica de Galicia. Ademais facilitaron moitos datos que se descoñecían e que son de moito interese.

 

Visita ao Concello de As Neves

O pasado día 5 de decembro, os alumnos de “A Cancela” fixeron unha visita de tipo profesional ao Concello de “Ás Neves”. O obxectivo era ter un faladoiro co Sr. Alcalde en torno ao día da Constitución e tamén visitar algún departamento de interese para os alumnos de Xestión Administrativa e Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
En primeiro lugar, a técnico local do Concello recibiunos e informounos do departamento de Archivos, que tipo de documentación e o tempo dende o que se conservan documentos administrativos. O arquivo, que actualmente xa está a ser informatizado, encóntrase na parte baixa do Concello xunto coa biblioteca e puidemos ver algún dos documentos máis antigos que se conservan no devandito arquivo.
Posteriormente asistimos no salón de plenos a unha entrevista con D. Emilio Castro, alcalde de Ás Neves dende 2002, o cal comentou algún punto da Constitución e tamén actuacións da xestión do Concello. Os alumnos/ás fixeron preguntas variadas sobre aspectos da xestión e organización dos concellos que foron respondidas por D. Emilio.

 

Visita a AUGAS DE MONDARIZ

O pasado día 22 de novembro  visitamos a empresa de Augas de Mondariz. Unha empresa de embotellado de auga natural situada na cunca hidrogeográfica do río Tea, afluente do río Miño.

Unha empresa moi antiga do siglo XIX, auga con beneficios terapéuticos, sendo actualmente unha empresa con recoñecementos internacionais á calidade e excelencia da súa auga, sendo a primeira e única empresa española en obter o premio Internacional Cristal Taste Award.

A súa actividade comprende tanto na área de alimentación como de restauración, exporta a mais de 30 países.

Posúe distintos recoñecementos internacionais,
entre eles: En 2012 tres estrelas Superior Taste Award polo instituto ITQI de Bruxelas. Ademais ten o compromiso co medio con certificacións ISO 9000, ISO 14000. Galicia calidade. A xestión desta empresa réxese por protocolos de xestión sostible e responsable co medio, co ámbito social e cultural.

Visitamos a Planta embotelladora de Augas de Mondariz, seguindo todo o proceso dende a súa extracción da auga mineral natural, pola fabricación dos propios envases, ata o almacén.

Foi unha visita moi interesante.

 

 

 

 

 

Conferencia sobre a crise económica.

O pasado 13 de novembro tivemos no centro esta interesante actividade na que se tratou este tema tan actual.

Foi impartida por unha experta na área financeira e tocou todos os puntos que nos preocupan actualmente:

  • Orixe e evolución da crise
  • Situación actual e perspectivas de futuro.
  • Control da banca e reforma financeira.
  • Significado da terminoloxía que se aplica: prima de risco, rescate, Euribor, dación en pago.
  • Preferentes/subordinadas: problemática, arbitraxe, situación actual e opcións posibles.

    Resultou moi satisfactoria para o alumnado, participando activamente no seu desenvolvemento con dúbidas e inquedanzas de tipo xeral e persoal.

 

 

 

 

TERTULIA TÉCNICA: AS COOPERATIVAS

O xoves 6 de novembro, a exalumna Ana González, xerente da xestoría Axespa, impartiu unha sesión informativa sobre as cooperativas explicando os tipos, funcionamento, características e centrándose un pouco máis nas cooperativas de traballo asociado.

Asistiron os alumn@s de 2º de ciclo superior de administración e Finanzas, 2º curso do CM de Xestión Administrativa e 2º curso de CM de Panadería e Repostería.

Estes son os cursos que teñen que elaborar un plan de empresa, polo tanto o obxectivo desta tertulia técnica era que coñeceran as cooperativas e que as contemplaran á hora de elixir a forma xurídica no seu propio proxecto de empresa.

 

 

 

FALADOIROS TÉCNICOS

Curso 2012-13

O pasado 27 de setembro no noso Centro EFA » A Cancela» tivemos unha faladoiro técnico co Empresario Manolo Gil, para o
primeiro curso de Ciclo Medio de Xestión e o primeiro curso do Ciclo Superior de Administración e finanzas. Os módulos implicados foron ou Tratameto de información de informática.

Explicounos coñecementos sobre o soporte Físico o HARDWARE, é dicir todos os elementos mecánicos e electrónicos que o compoñen..

Realizou unha charla práctica con CPU (Unidade CENTRAL DE
PROCESO), mostrounos o circuíto tan complexo que ou forma, no seu interior: memorias, conectores para cables de datos, batería, rañuras de expansión conectores UBS, zócolo onde vai o ventilador, o procesador…

Charla coloquio cos alumnos na que participaron con preguntas e dúbidas..

ACTIVIDADES DE PASTELERÍA

ANO 2012-2013

Exames finais

O alumnado de segundo curso, no módulo  Sobremesas en Restauración, expón os seus exames  finais. Bo traballo!

VIAXE A MADRID 2013

Os alumnos do ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría, participaron con moita ilusión nesta viaxe, tanto o grupo de Panadaría I como os do II, gozamos, compartimos e aprendemos un montón desta semana por Madrid porque esta viaxe axuda a cambiar un pouco a rutina dos nosos alumnos e abre unha ventá de posibilidades profesionais, de novas formas de traballar, é un impulso para emprender ideas de negocio nun futuro.

E a nosa viaxe profesionalcomezou por:

FEIRA GOURMET 2013:O Salón de Gastrónomos é o principal evento europeo dedicado aos produtos delicatessen, a plataforma axeitada das firmas de calidade do sector agroalimentario e dos seus procesosde innovación. O grupo de Pastelaría pasamos un día completo na feira e participamosdos seguintes talleres:-Gastrónomo tapa-I Campionato de España de tapas-Tunel de froitas e verduras GOLD GASTRÓNOMO.-XIV Campionato de España de cociñeiros.-Gastrónomo Queixos-Tunel dos aceites.A valoración da feira moi positiva, asistimos ao Campionato de Pastelaría, vimos as pezas artísticas a base de chocolate e azucre. Visitamos os diferentes postos, coñecemos novos produtos e empresas innovadoras do sector. Asistimos a varios talleres, catas etc

FARIÑA MADRID Panadaría artesá. Un concepto novo de panadaría e cafetaría en pleno centro de Madrid. O que máis nos gustou foi o bo gusto na decoración do establecemento en tons brancos, nos que destacabaas cores produto e ao mesmo tempo daba sensación de limpo, tranquilo e coidado.A aposta por produto de alta calidade nas materias primas que utilizan e o carácter artesán das elaboracións déronnos moitas pautas como exemplo de negocio no campo da panadaría.

11:30.MOULIN CHOCOLAT Moulin Chocolat non é unha pastelaría calquera. O cacao é o protagonista na maioría dos seus produtos, o que fixo deste lugar unha das referencias da cidade neste campo. Ao mando do leme encóntrase Ricardo Martínez, mestre pasteleiro que se formou en Francia e este dato está representado no estilo que marca este establecemento.Trátase dunha pastelaría refinada e dunha calidade excepcional. Como produto estrela o Macarron…de todos os sabores e cores que nos fixeron sorprenden xa á chegada ao escaparate.

VISITA MERCADO SAN MIGUELComo estar en Madrid e non facer unha parada obrigatoria ao Mercado de San Miguel.. lugar cheo de sabores incribles onde degustar as mellores materias primas ou comprarse as mellores froitas, carnizaría selecta, etc.

TERRAZA CASINOA Terraza do Casino”, conta co asesoramento de Ferrán Adría a través do cal a cociña desteestablecemento se converteu nunha das máis innovadoras do sector hostaleiro-madrileño sen perder, por iso, a súa brillante tradición: o sinxelo pracer que nos dá o desfrute dunha boa mesa nunha cidade inmensa e acolledora. Esta é o convite que lle ofrece o Casino de Madrid aos amantes da alta restauración culinaria.Valoración moi boa. Un sitio espectacular, ensinounos por dentro todo o edificio, os salóns, a biblioteca,así como o taller de Paco Roncero

CLUB ALLARD Inaugurado en 1998 como club privado, o Club Allard conserva o seu aire selecto, dende que en 2007 se abriu ao público xeral. A partir de entón, erixiuse nun dos templos gastronómicos máis importantes de Madrid.Un restaurante espectacular, atendeunos a directora Tinuca Maestro, tras ver a sala subimos a cociña onde o xefe de cociña Diego Guerrero nos explicou o funcionamento deste, o seu concepto de cociña e as claves para chegar ao máis alto.Esta última visita foi unha inxección de motivación e ganas por gozar co que facemos no noso traballo.. un impulso por conseguir chegar a onde esteamos dispostos.Podemos dicir que este só foio resumo da parte profesional. Quédasenos no tinteiro, e como non, no recordo moito máis: As comidas xuntos, a convivencia, as camiñadas por Madrid, o Prado… e unha morea de gratos e bos momentos.

 

 

A EFA A CANCELA na Feira do Requeixo  e  do Mel

 

 

A CANCELA, este ano  participou   na   XXII FERIA do REQUEIXO E DO MEL, en  As  NEVES.

Os alumnos  do ciclo de Administración e Finanzas , asistiron   a unha  xornada  programada para o día   26   de marzo   “ PROXECTOS  DE EMPREGO  NO ENTORNO RURAL”.co obxectivo  de promoción do emprego, mediante a presentación de proxectos ligados á produción  e comercialización de produtos gastronómicos.

 

O Venres  Santo  celebrouse  o Feira  do Requeixo e do Mel, unha festa  gastronómica  dos produtos autóctonos de gran calidade,  onde o prato estrela é o requeixo acompañado polo viño de Rubiós.
A EFA A CANCELA participou
cun stan de produtos elaborados polos alumnos do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confitería como  marmelada de peras ao viño de Rubiós, mazá con canela, entre outras. E tamén monas de chocolate,  figuras de monecos de nenos como  a Hello kitty, o  Bart  Simpson.

Visita ao obradoiro ERUNDINA

A visita ao obradoiro de la  Panadaría ERUNDINA, o pasado día do 14 de marzo realizouse cos alumnos de primeiro de Panadaría, repostaría e confeitaría.
É unha empresa artesanal de Porriño, con máis de 100 anos de profesión. Herdada das avoas. O obradoiro esta situada no polígono industrial dá Granxa onde realizan operacións de fabricación, distribución dos distintos tipos de produtos.
Entre moitos dos seus produtos está ala Bica galega, empanadas, pans de varios tipos. Pan conxelado e pastelaría variada.
O Empresario mostrounos as súas instalacións onde elabora os seus produtos de xeito
artesanal. Os alumnos realizaron moitas preguntas, interesados polo oficio e polos seus elaboracións.
Tamén nos explico unha actividade complementaria de CATERING a domicilio, a empresas, hoteis e particulares.

Visita de estudos a DARLIM

O pasado xoves 14, os alumnos de PANADARÍA, REPOSTARÍA E CONFEITARÍA visitaron la Empresa DARLIM, SL en Porriño, no polígono Industrial da GRANXA a actividade da cal é a distribución de maquinas, produtos e útiles de limpeza profesional, hixiene persoal e perfumaría Cuerver, 3 M, JOFEL, DUNI, TECNIGIENE…
É unha empresa familiar con máis de 30 anos de historias e líder en Galicia.
Os nosos alumnos percorreron as instalacións de 4500 m2 de superficie con capacidade de almacenaxe superior a 4000 palets e máis de 10.000 artigos en Stock.
Recibiron unha conferencia polo departamento comercial sobre a LIMPEZA nas Pastelarías e Panaderías. Os produtos de limpeza e a maquinaria industrial. Tamén sobre o sistema de Calidade APPCC.
Foi unha visita moi interesante, onde recolleron unha boa información como ampliación para os módulos de Seguridade hixiénica en industrias alimentaria (SHMA) e operacións de control de almacén en industrias alimentarias ( OCAIA).
VISITA SUPAN E CASA MARCO
O pasado 5 de xaneiro os alumnos de  segundo visitaron o restaurante CASA MARCO, alí coñeceron in situ o funcionamento interno dun restaurante, a organización de tarefas, a repartición  de rangos e partidas, a carta. O dono e xefe de cociña do restaurante Marco dedicounos tempo e explicou a importancia de  respectar a materia prima, de ter coñecementos técnicos, así como as calidades  que ha de ter un bo traballador. En SUPAN puideron
comprobar como se traballa nunha panadaría-pastelaría, a variedade de produtos e  a importancia de renovarse para ser competitivos.

CATA DE QUESOS 2013
Os alumnos de panadaría -pastelaría  gozaron dunha sesión de cata de queixos incluída no módulo Sobremesas en Restauración. Na práctica puideron coñecer e  degustar 14 tipos de queixos das mellores D.O do país, así como queixos internacionais.
A ARTE MÁIS DOCE…
Os alumnos do segundo curso do ciclo de Panadaría Pastelaría e Repostaría elaboraron durante o primeiro trimestre un proxecto en chocolate.
Esta actividade está enmarcada no módulo de Especialidades e Acabados (ECONF) e a súa
finalidade era a de levar a cabo unha creación artística empregando chocolate. Para iso aplicamos a parte técnica de fundido e temperado dos distintos chocolates xunto coa parte artística que achegaron os alumnos.
Os traballos expostos son os seguintes:
Sheila e leticia:
Decidimos realizar este proxecto de carro de xeados por varios motivos.
Un deles fai referencia á nosa infancia xa que era unha época na que existía a venda de xeados pola rúa. Outro dos motivos débese ao proxecto empresarial que estamos a realizar neste curso, xa que se trata dunha xeadaría artesanal.
Tatiana e rebeca
O noso proxecto de chocolate é unha escultura irregular con forma piramidal composta de cadeiras de cores. Representa que cada un de nós podemos conseguir nosos obxectivos dedicando un pouco de tempo á reflexión.
Elisabeth e Judith
O noso proxecto é unha homenaxe a Tim Burton, porque ás dúas nos gusta o cine de medo e é o noso director favorito.
Camiño
O meu proxecto en chocolate partiu da idea de facer unha homenaxe a un humorista que deixo pegada en todas as familias, non podía ser outro que Gila. Para iso realicei un teléfono en chocolate branco e negro.
Alba:
Como proxecto final de chocolate decidín ambientalo no recordo da miña nenez… recordo no que xogaba no hórreo da miña avoa coa miña cadela TARA… E como homenaxe a esta fiel compañeira que leva ao meu lado 12 anos que é  a metade da miña vida…
Mª Jesus:
FRAXIL VERDADE, OU ANTOLLO DÁS PARCAS.
Este proxecto é unha crítica á obsesión e culto do físico e á aparencia exterior, esquecéndose de do realmente importante. Crecer como persoas, eticamente e intelectualmente…porque esta parte humana é a que nos vai acompañar ao longo da vida…
Porque a beleza física é un ben efémero.. que se deteriora co paso do tempo e nunca saberemos cando as PARCAS terán o antollo de cortar o fío da vida. As parcas, tanto na mitoloxía grega como a romana son deusas do destino. Tres mulleres cun labor cada unha: Arrefriar, tecer e cortar o fío. (Nacemento, vida e morte).
Deraisme:
RELOXO  FLORAL: SALOMÉ TEMPO DOCE.
Os puntos de referencia para a creación deste proxecto son:
1-Tempo: Escápasenos das mans sen decatarnos e se non o aproveitamos no seu momento hai volta atrás… cada minuto da nosa vida é importante…
2-.Estacións : Representan o positivo e o negativo que nos dá a nai natureza.
3-As tres datas do reloxo… que me fixeron ver que hai alguén por quen loitar que é o motor que lle dá luz á miña vida. O meu sol de verán, fermosa como as follas de outono, alegre como a primavera.. mimosa e chorona como o inverno…
Elvira
SAÍR DA CASCA…
O meu proxecto é unha mona cun parrulo saíndo da casca e é un aceno ás miñas compañeiras de clase para que saiban que se achega o momento de saír da casca… Ánimo compañeiras!

XORNADAS DO ENVOLTORIO ARTÍSTICO.

O ciclo medio de PANADARÍA E REPOSTARÍA E CONFEITARÍA II, asistiu a XIII Xornadas do envoltorio Artístico.
Visitamos a Empresa RETIF no Porriño, unha empresa de material de empaquetado, equipamento e de envoltorio. Presenciamos a xornada de envoltorio da man do decorador de Emilio González Peláez, unha demostración acerca das técnicas profesionais
e coñecementos en envoltorio dende as máis sinxelas ás últimas tendencias., conseguindo un elemento diferenciador que transmite un valor engadido ao lazo confitero.
Empaquetado de todo tipo de cestas, caixas, regalos, produtos irregulares, paquetería diversa….
As alumnas tomaron nota das técnicas, para que neste Nadal poidan realizalas.
VISITA O RESTAURANTE DO BALNEARIO DE MONDARIZ.
O pasado 22 de novembro os alumnos da CANCELA visitaron o restaurante do Balneario de Mondariz.
A restauración no Balneario é un verdadeiro pracer para os padais máis esixentes. Cociña tradicional galega ou de autor son as estrelas dunha carta que se completa con suxestións estacionais.
A visita foi guiada por Iván Médez, xefe de cociña, que nos ensinou o funcionamento interno do restaurante, así como as instalacións e os espectaculares salóns. Moi amablemente contestou a todas as preguntas do alumnado, dándolles claves para chegar a ser un bo profesional. A visita rematou cun coffebreak que fixo as delicias do alumnado.

EXPOSICIÓN SOBRE A HISTORIA E PROCESO DE ELABORACIÓN DO CHOCOLATE

Os alumnos do ciclo medio de Pastelería II realizaron un traballo sobre o mundo do chocolate co seguinte esquema:
-Orixe e historia do cacao.
-A botánica. Cultivo do cacao.
-Tipos de cacaos.
-Proceso de elaboración do chocolate.(Recolección, fermentación, lavado, secado, moenda, separación da graxa.
-Producción das coberturas de chocolate.
-Composición dos chocolates.
-Atemperado.
-Paises produtores de cacao.
En conclusión podemos dicir que foi unha experiencia moi agradecida posto que conseguimos traballar un tema dunha forma dinámica e activa.

SHOWCOOKING. 26 de outubro de 2012

ESTHER  JUAN e FÁTIMA ESTÉVEZ .
O pasado 26 de outubro as profesoras da área de Pastelería realizaron un showcooking en Alipa (Tui), unha tenda de deseño de espazos de cociña, onde os clientes foron protagonistas da elaboración de pratos de cociña tradicional empregando a última tecnoloxia como fornos de vapor, tepanyaki, etc
Os pratos elaborados foron:
Polbo á feira con pataca e pimentón afumado.
Burguer de porco con mazá e mostaza.
Tosta de confitado de bacalao e pistou de prixel
Tortiñas tepan de cabaza e espuma de vainilla.
Este tipo de cursos están tendo unha aceptación moi grande posto que ofrecen unha forma moi interactiva de traballar. O cliente  deixa de ser meramente un observador e pasa a
convertirse no verdadeiro artífice da aprendizaxe.
UNHA OBRA COLOSAL…
Os alumnos do CM Pastelería II, deron comezo a construcción da replica en chocolate da EFA. Esta idea xurdiu con motivo da homenaxe á Marquesa do Pazo de Mercé que cumpre o seu centenario.
Pouco a pouco vai tomando forma e salta a vista que está posto moito cariño, esforzo e dedicación neste proxecto. Felicidades os alumnos de Pastelería.

VOLVER AO PAN DE ANTANO

Como cada ano, os alumn@s de primeiro curso de panadaría remataron o seu
proxecto: ” Realiza a túa propia masa nai”. Cada alumno conseguiu crear o seu propio fermento natural, co que realizarán pans de calidade durante todo o curso, e se queren durante toda a vida.
A masa nai é un cultivo simbiótico dos fermentos presentes de xeito natural en alimentos.
Para obter masa nai (o fermento non se fai nin se fabrica, xa que está presente no ambiente) hai que capturar os microorganismos presentes no aire, para que, xunto co fermento presente nos cereais cren un cultivo que impida prosperar na masa fariñeira a microorganismos indesexados.
Para a súa elaboración necesitaron 15 días, días de especial dedicación, por que este
“milagre” só se consegue cun máximo control dos ingredientes e as temperaturas.
A partir de agora só queda alimentala cada tres días para que non morra….
ÁNIMO MOZOS!